Pestanas principais

O luns 13 de maio pecharase ao tráfico a rúa do Pedregal, en Bertamiráns, por traballos de fresado e asfaltado

Venres, 10 maio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, informa de que o luns, 13 de maio, estará cortada ao tráfico a rúa do Pedregal, en Bertamiráns, debido ás obras que se están realizando nesta vía. Durante a xornada do día 13 executaranse traballos de fresado e asfaltado en dia rúa. Tratarase de facer estes traballos nunha única xornada, pero se non é posible, o corte de tráfico pode estenderse ao martes 14 e incluso ao mércores 15 de maio. Os vehículos poderán acceder aos garaxes, aínda que en momentos puntuais faranse cortes de acceso aos garaxes.

Na rúa do Pedregal, en Bertamiráns, estanse executando obras de humanización. Esta vía pasa a contar cun só sentido de circulación cara a avenida da Maía, e o espazo sobrante da calzada emprégase para prazas de aparcamento en oblicuo, en substitución do aparcamento en liña da marxe esquerda que existía anteriormente. Deste xeito, gañaranse más de 30 prazas de estacionamento en dita rúa.

Tamén se procede ao fresado de 5 centímetros do aglomerado actual da calzada, á demolición da beirarrúa e do bordo existentes. Ademais, na plataforma viaria disporase unha nova capa de rodaxe composta por 6 centímetros de mestura bituminosa en quente.

Multimedia