- Tematica
O pasado sábado, 11 de maio, celebrouse en Ribadavia a cuarta xornada da Liga Galega de Karate. Nesta cita, a escola amesá Dokkodo acudiu con oito deportistas, que conseguiron voltar a casa con oito medallas.
Na xornada de mañá a escola estivo representada por Raúl Rodríguez, que firmou unha das súas mellores participacións. Conseguiu chegar ata a final na modalidade de kata, pero foi descalificado, polo que obtivo o segundo posto. Por outra banda, proclamouse campión na modalidade de kumite.
Pola tarde, en kata benxamín masculino, Hugo Torre proclamouse campión de iniciación e Tiago Blaco, subcampión en avanzado. En kumite alevín avanzado >34Kg, Bruno Varela, Xián Blanco e Martín Campos fixéronse co primeiro, segundo e terceiro posto respectivamente. Para pechar a competición, Jadel Rodríguez proclamouse subcampión en kumite infantil avanzado >45Kg.