Pestanas principais

>V Festa do Apego

Sábado, 25 maio, 2024
A partir das 11:00 horas

O Concello de Ames, a través da Concellería de Normalización Lingüística, organiza a V Festa do Apego, que terá lugar o sábado, 25 de maio, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Haberá maxia, contos con música, xogos, concertos, teatro de monicreques, obradoiros e moitas máis actividades. A entrada será libre e de balde.  Premendo nesta ligazón pódese acceder á programación completa do evento.

Desenvolverase de 11.00 a 21.00 horas e acollerá concertos, espectáculos interactivos, sesións de contos con música, obradoiros, xogos e espazos informativos e de recursos para enriquecer a crianza. Se as circunstancias meteorolóxicas impedisen a realización das ditas actividades en exterior, estas trasladaranse á Casa da Cultura de Bertamiráns e á praza de Chavián.

A entrada para participar en todas as actividades da festa é libre e gratuíta, sen necesidade de inscrición previa. Se o tempo impide a realización das actividades en exterior, estas trasladaranse á Casa da Cultura de Bertamiráns. Para obter máis información pódese escribir ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 662 377 215.