Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 20 de maio de 2024

NOVAS

Previsiblemente os comedores escolares de Ames abrirán con normalidade no día de mañá. A información da que se dispón na actualidade indica que é seguro prestar o servizo aínda que serán os técnicos da Consellería de Sanidade os que o determinen no día de mañá, a primeira hora da ma ...

Estabilizado o cadro de gastroenterite detectado no CEP de Ventín e que afectou tanto a rapazada como a monitorado. Nos próximos días coñecerase a orixe, vírica ou alimentaria, desta afección mediante as mostras recollidas nos comedores escolares amesáns e os coprocultivos dos pacien ...

O Concello de Ames puxo en marcha un dispositivo coordinado coa Xunta de Galicia para atallar e controlar a patoloxía gástrica detectada e focalizada principalmente no CEP de Ventín e permanece en contacto directo coas direccións do centros educativos  e das ANPAs. Dende o Concello prég ...

O proxecto “Modo galego, actívao!”, unha experiencia de inmersión lingüística na que participan preto de 2.000 alumnos amesáns dos centros educativos de infantil e primaria, continúa coa posta en marcha do reto da inmersión lingüística, no que se propuxo aos nenos e nenas a empregar ...

A AVPC de Ames fai balance do ano 2023, no que realizou 769 servizos. O ano estivo marcado pola adquisición de novos medios materiais e equipamentos, e a aposta continua pola formación das arredor de 30 persoas que conforman a agrupación local.

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo rexistrou 769 entradas en abril de 2024. Durante o pasado mes destaca a achega de 2.391 quilogramos de lixo procedente da construción (formigón, ladrillos e outros), 2.137 quilogramos de madeira e 1.072 quilogramos de pequenos aparatos eléctrico ...

O pasado 3 de maio pechábase a programación cultural de artes escénicas do primeiro semestre de 2024, deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames. Este ano, estivo composto por doce espectáculos de teatro e danza tanto para público adulto, como infantil e familiar. As distinta ...

Desde a asociación cultural Os Castros convídase á veciñanza amesá que estea interesada, a participar no tradicional xantar – foliada que organizan todos os anos. Nesta ocasión, será o vindeiro 25 de maio no local de Trasmonte. Haberá cantina a partir das 13:00 horas e moita música. Pa ...

O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan para o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiro ...

Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co obxectivo de facilitar a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) á veciñanza. Así, estará o día 20 de xuño no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, de 9:00 a 12:30 horas, con 75 citas dispoñib ...

AVISOS

O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2024. O sorteo dos campamentos nos que se superou o límite de prazas realizarase o luns día 20 de maio no salón de plenos da Casa do Concello ás 12:00 horas. O ...
O alcalde, Blas García, recorda mediante un bando que as persoas físicas e xurídicas responsables das parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos. Pódese conultar o bando completo ao pé deste aviso.
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames da interrupción programada do subministro eléctrico durante o día 23 de maio na urbanización Pedra Dourada, no lugar de Ventosa, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán ...
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no BOP da lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo dunha praza de conserxe de centros de ensino.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do DOG de declaración como persoal laboral fixo da praza de axudante – preparador/a deportivo/a.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

AXENDA

A asociación cultural Os Castros volve a organizar o seu tradicional xantar – foliada. Dende a asociación convidan aos socios/as e á veciñanza a participar nesta xornada festiva na que poderán bailar, tocar, cantar... e sobre todo pasalo ben. Aínda que está xornada está dirixida ás per ...

O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un ...