Pestanas principais

>Obra de teatro: "A visita"

Venres, 7 xuño, 2024
Ás 20:30 horas

O grupo municipal de teatro integrado por adultos, estrea o 7 de xuño no Milladoiro a obra “A visita”. O elenco estará composto por Mirella Vázquez, Emilia Mayo, Anna Reig, Cris Botrán, Rosana González, Marichelo Cajide, Ilduara García, Pablo Núñez, Gene Martínez, Pablo Otero, Marisa Peña, Esteban Paz e Carmela Pardal.

Esta peza de Friedrich Dürrenmatt desenvólvese en Güllen, unha cidade que leva anos asolada pola miseria e a pobreza; coas fábricas e a industria pechadas, aos güllenses só lles queda vivir do recordo de épocas mellores. Porén, a volta ao fogar dunha antiga veciña, a millonaria Clara Zachanassian, enche de esperanza os corazóns de toda a poboación. Clara marchou da vila cando nova, e fixo unha fortuna no estranxeiro, converténdose nunha das persoas máis ricas do mundo. O destino de Güllen depende da súa visita.