Pestanas principais

O II Aberto de San Xoán celebrarase do 22 ao 30 de xuño

Mércores, 12 de xuño de 2024

Entre o 22 e o 30 de xuño, as pistas de tenis de Aldea Nova acollerán a segunda edición Aberto de San Xoán, un torneo de tenis organizado polo club de tenis Val da Maía en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames.  As persoas interesadas en participar poden inscribirse nesta ligazón ata o 17 de xuño ás 22:00 horas. A cota de inscrición é de 17 euros. As bases do torneo poden consultarse premendo nesta ligazón.

O club de tenis Val da Maía, en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames, organiza o II Aberto de San Xoán, que se celebrará do 22 ao 30 de xuño nas pistas de tenis de Aldea Nova. As categorías para participar son alevín, infantil, junior, absoluto e veteranos+35. Todas elas contarán con categoría feminina e masculina.

Categorías
As persoas inscritas poderán participar nun máximo de dúas categorías. Se algunha non acadase o mínimo de seis participantes, a organización reservase o dereito de cancelar dita proba.

Así mesmo, establécese un máximo de participantes por categoría:

  • Alevín femenino, infantil femenino e junior femenino: 8 participantes.
  • Alevín masculino, infantil masculino e junior masculino: 12 participantes.
  • Absoluto masculino e feminino, e veteranos+35 masculino e feminino: 16 participantes.

En caso de que os inscritos superen o máximo de participantes establecido, a orde de prioridade decidirase en función da clasificación nacional vixente. Aqueles/as inscritos/as que por prioridade de ranking non sexan incluídos na lista de admitidos ao torneo, serán reembolsados do importe da inscrición.

Inscrición
A inscrición estará aberta ata o 17 de xuño ás 22:00 horas, e poderá formalizarse a través desta ligazón. A cota de inscrición é de 17 euros, e deberá aboarse antes do peche da inscrición a través da plataforma de ibertenis.

Os/as xogadores/as con licenza polo club organizador terán un desconto de 3 euros na cota de inscrición e poderán formalizar o pago directamente nas súas instalacións.

O II Aberto de San Xoán celebrarase do 22 ao 30 de xuño

Multimedia

  • O II Aberto de San Xoán celebrarase do 22 ao 30 de xuño