Pestanas principais

Comezan os traballos de limpeza subsidiaria en parcelas incluídas na rede de faixas secundarias para protexer ás persoas e bens de posibles lumes forestais

Luns, 17 de xuño de 2024

A semana pasada comezaron os traballos de limpeza subsidiaria no lugar de Costoia, pertencente á parroquia de Biduído, onde se están limpando tres parcelas que suman unha hectárea de superficie. Ademais, está previsto que se realicen traballos de xestión da masa forestal no monte do Galiñeiro, no lugar de Maguxe, pertencente á parroquia de Ortoño. Neste caso vanse limpar 20 parcelas, que suman unha superficie de 2,5 hectáreas. Estes traballos enmárcanse dentro do convenio de colaboración, que asina anualmente o Concello coa Xunta, Fegamp e Seaga, para a xestión da biomasa forestal da rede de faixas secundarias que veñen establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

O Concello de Ames asina anualmente un convenio de colaboración coa Xunta, Fegamp e Seaga, para a xestión da biomasa forestal da rede de faixas secundarias que veñen establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. A xestión dos espazos, para a prevención do lume, corresponde aos titulares dos terreos e, de xeito subsidiario, aos Concellos. No ano 2018 a Xunta subscribiu un convenio de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias e coa empresa pública Seaga que permitiu crear un sistema público de xestión da biomasa nestas faixas.

Este convenio de protección das aldeas, ao que xa están adheridos un total de 283 concellos, é dicir, o 90,41% dos municipios galegos -entre eles o de Ames-, busca contribuír e garantir a prevención de incendios forestais, para que deste xeito se acade unha diminución do número de lumes nas zonas de interface urbano-forestal, o que repercute no interese público polo que supón para a seguridade das persoas e dos bens.

No marco deste convenio, realízase inspección das fincas que se atopan na rede de faixas secundarias, para comprobar se os/as seus propietarios/as realizan a correspondente xestión da biomasa forestal, que é de obrigado cumprimento por lei. Ademais, no convenio recóllese a limpeza subsidiara por parte de Seaga de 10 hectáreas aos ano de fincas incluídas na rede de faixas secundarias.

Traballos de limpeza en Costoia e Maguxe
Deste xeito, a semana pasada comezaron os traballos de limpeza no lugar de Costoia, pertencente á parroquia de Biduído, onde se están limpando tres parcelas que suman unha hectárea de superficie. Unha destas tres parcelas está sendo limpada polo seu propietario/a que atendeu a última hora aos requirimentos feitos por parte do Concello, mentres que as outras dúas están sendo limpadas por Seaga.

Neste lugar existe unha masa forestal pechada de acacias e eucaliptos, á que non se dá accedido e que representa un perigo real, en caso de incendio, para as vivendas deste núcleo rural. As propietarios/as destas parcelas lévaselle dende o ano 2013 requirindo a limpeza da masa forestal, sen que atenderan a ditos requirimentos.  

Por outra banda, está previsto que se realicen traballos de xestión da masa forestal no monte do Galiñeiro, no lugar de Maguxe, pertencente á parroquia de Ortoño. Neste caso vanse limpar 20 parcelas, que suman unha superficie de 2,5 hectáreas. Sobre estas parcelas xa se iniciouse a tramitación de limpeza subsidiaria. Ao igual que non caso das fincas de Costoia, os/a propietarios que non limpen as súas parcelas, serán xestionadas de forma subsidiaria a través de Seaga.

Ditos traballos, comezaron a executarse despois de que no pasado mes de marzo o Director Xeral de defensa do Monte, Manuel Rodríguez, se achegase ata o concello de Ames para coordinar co departamento de Xestión do Medio Rural os traballos pendentes de limpezas subsidiaras das vías e franxas secundarias. Nesta visita o Director Xeral puido reuniuse co alcalde, Blas García, e co concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo.

Sanción económica
A limpeza subsidiaria de ditas fincas realízase despois de que o/a propietario/a non atenda aos requirimentos feito por parte do Concello para que realice os traballos de xestión da masa forestal da parcela incluída na rede de faixas secundarias. Dita limpeza subsidiaria ocasiona o pago dos traballos de limpeza por parte do propietario/a e unha sanción económica que pode ir dende os 1.000 euros (infracción leve) ata 100.000 euros (infracción grave).

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "El Concello de Ames limpia varias fincas con riesgo de incendios forestales"

Comezan os traballos de limpeza subsidiaria en parcelas incluídas na rede de faixas secundarias para protexer ás persoas e bens de posibles lumes forestais

Multimedia

  • Comezan os traballos de limpeza subsidiaria en parcelas incluídas na rede de faixas secundarias para protexer ás persoas e bens de posibles lumes forestais
  • Comezan os traballos de limpeza subsidiaria en parcelas incluídas na rede de faixas secundarias para protexer ás persoas e bens de posibles lumes forestais
  • Comezan os traballos de limpeza subsidiaria en parcelas incluídas na rede de faixas secundarias para protexer ás persoas e bens de posibles lumes forestais
  • Comezan os traballos de limpeza subsidiaria en parcelas incluídas na rede de faixas secundarias para protexer ás persoas e bens de posibles lumes forestais