Pestanas principais

O IES do Milladoiro celebra o seu décimo aniversario coa gala “Polo Milladoiro que queremos”

Venres, 21 de xuño de 2024

O IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPA do IES do Milladoiro e co Concello de Ames, organizou unha serie de actos para hoxe, venres 21 de xuño, co obxectivo de celebrar seu o décimo aniversario. Deste xeito, ás 10.00 horas inaugurouse na Casa da Cultura do Milladoiro a exposición “Ao son da Oralidade, da pedra á palabra”. Esta exposición é froito dun traballo de investigación colaborativo do alumnado do IES Milladoiro co do IES Marco do Camballón, e foi gañadora do premio Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego. A maiores, no marco da celebración do décimo aniversario, no auditorio da Casa da Cultura celebrouse unha gala na que participaron alumnos/as e profesores/as de diversos niveis. Foi unha gala chea de emoción, arte e creatividade, na que se fixo un  percorrido por estes dez anos de ensino público.

O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Educación, Carmen Porto, xunto con outros moitos concelleiros e concelleira do Goberno municipal e dos grupos políticos municipais con representación na Corporación municipal, participaron esta mañá nos acto de celebración do décimo aniversario do IES do Milladoiro.

Desde a organización sinalan que “os 10 anos que cumpriu o IES do Milladoiro a principios deste curso representan unha oportunidade para contemplar o moito que se logrou e, sobre todo, darlle pulo de cara ao futuro. A inauguración do instituto representou no seu momento o cumprimento dunha aspiración histórica para unha localidade que experimentara un crecemento espectacular nas tres décadas anteriores e viña a cubrir unha demanda que non deixou de medrar dende aquela. Como adoita suceder, houbo que superar moitos atrancos para avanzar na execución do proxecto; despois, unha vez en marcha, foise enchendo da vida que lle proporciona o alumnado e foise creando unha cultura de centro que reflicte a inquedanza e o entusiasmado do noso alumnado, que ten participado con moi bos desempeño en certames como os dos clubs de debate ou o programa Enreguéifate e desenvolvido no seo do centro actividades moi interesantes a través dos clubs de lectura, dinamización, radio, biblioteca…”.

Desde o centro engaden que “O Milladoiro que queremos é froito destes dez anos e do traballo dunha comunidade educativa en rede. Agardamos que este soño socio-educativo siga a medrar ao igual que o fai a nosa vila. Un motor intercultural de emocións que suma culturas e constrúe proxectos educativos”.

Exposición “Ao son da Oralidade, da pedra á palabra”
Ditos actos comezaron ás 10:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, onde se inaugurou a exposición “Ao son da Oralidade, da pedra á palabra”. Esta exposición é froito dun traballo de investigación colaborativo do alumnado do IES Milladoiro co do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), e foi gañadora do premio Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego. Esta exposición é unha testemuña máis do talento e creatividade do alumnado amesán. Estará exposta ata o vindeiro 5 de xullo na Casa da Cultura do Milladoiro grazas á colaboración entre o IES do Milladoiro e o Concello de Ames.

Gala do décimo aniversario
A maiores, no marco da celebración do décimo aniversario, o auditorio da Casa da Cultura acolleu dende as 10:30 horas, a Gala do décimo aniversario do IES do Milladoiro. Aproveitando o día internacional da música realizouse unha viaxe emocional por estes dez anos de ensino público, da man do alumnado organizador de Artes Escénicas e Danza de 1º de bacharelato. Este evento contou coa participación de alumnado e profesorado de diversos niveis. Foi unha gala chea de emoción, arte e creatividade.

Durante o evento, as persoas asistentes puideron gozar de actuacións musicais en directo, interesantes entrevistas radiofónicas, presentacións audiovisuais, exhibicións de danza e moitas outras sorpresas que fixeron desta gala unha experiencia inesquecible.

10 anos de compromiso coa educación de calidade
No curso 2013/2014 abriu as súas portas o IES do Milladoiro, un centro moi demandado por toda a comunidade educativa. Comezou con 25 docentes e case 250 alumnos/as. Dez anos máis tarde o número de alumnado e profesorado duplicouse con 560 alumnos/as e 56 docentes.

Dende o centro educativo destacan “vimos de recibir estes días a boa nova de que o cen por cen do noso alumnado superou con boa nota as ABAU e consideramos que é o momento de celebrar como comunidade educativa os pequenos e grandes logros que se foron orixinando nesta década”.

“Durante estes dez anos, o instituto do Milladoiro comprometeuse a proporcionar unha educación de calidade e a fomentar o desenvolvemento integral do alumnado amesán. Este evento é unha oportunidade para reflexionar sobre os logros acadados, consensuar propostas de mellora e para agradecer a todas as persoas que contribuíron e contribúen ao éxito do noso instituto”.

A celebración deste décimo aniversario do IES do Milladoiro tamén contou con outras actividades deportivas organizadas polo alumnado de 4º da ESO.

A ANPA tamén colaborou activamente nesta celebración, con obradoiros de malabares, danza africana, música con un pica discos e merenda con festa final para todas e todos os participantes. Dende o centro educativo rematan dicindo que foi unha celebración única para seguir construíndo ”O Milladoiro que queremos” entre toda a comunidade educativa e lembrar os dez anos de ensino público do noso IES do Milladoiro.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El IES O Milladoiro celebra sus diez años con fiesta y cultura"

El Correo Gallego: "El Instituto do Milladoiro celebra su primera década con festival, muestra y juegos"

El Correo Gallego: "El Instituto do Milladoiro y el Cela de Padrón festejan sus aniversarios"

O IES do Milladoiro celebra o seu décimo aniversario coa gala “Polo Milladoiro que queremos”

Multimedia

  • O IES do Milladoiro celebra o seu décimo aniversario coa gala “Polo Milladoiro que queremos”