Pestanas principais

Vicente Javier González López gaña o concurso fotográfico LGTBIQ+ que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”

Xoves, 27 de xuño de 2024

Vicente Javier González López, veciño do Milladoiro, é o gañador do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. Na primeira edición deste concurso participaron 6 persoas. O obxectivo do certame, que organizou a Concellaría de Benestar Social e Igualdade, é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+. O premio do concurso será entregado mañá durante o acto de conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. Está previsto decorar a praza do Concello, en Bertamiráns, e maila entrada da Casa da Cultura do Milladoiro con paraugas coas cores da bandeira LGTBIQ+. Tamén se vai ler mañá ás 11.00h na praza do Concello un manifesto acordado entre os grupos políticos municipais.

Con motivo da conmemoración este venres, 28 de xuño, do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organizou o concurso de fotografía LGTBIQ+. O Concello de Ames puxo en marcha este certame dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidade con respecto á comunidade LGTBIQ+.

Unha vez finalizado o prazo para presentar as fotografías, o xurado decidiu que a foto gañadora é a de Vicente Javier González López, veciño do Milladoiro. Na primeira edición deste certame participaron 6 persoas: Vicente Javier González López, Almudena Dorribo Morales, María Porras Alcón, Alejandro José Pernía Paredes, María Camino Tellado Fernández e Aránzazu Álvarez Hernández.

Vicente Javier González López, Alejandro José Pernía Paredes, María Camino Tellado Fernández e Aránzazu Álvarez Hernández presentaron dúas fotografías, mentres que Almudena Dorribo Morales e María Porras Alcón presentaron unha foto. As fotografías tiñan que ser orixinais e inéditas. Cada participante podía presentar dúas fotografías como máximo. As instantáneas podían realizarse con calquera tipo de técnica e estilo.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, explica que “é a primeira vez que organizamos este concurso fotográfico dentro das actividades de conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. Pareceunos boa idea implicar a toda a veciñanza na celebración deste día. Este ano participaron 6 persoas e agardamos que en vindeiras edicións se anime máis xente a participar”.

Conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
O premio do concurso será entregado mañá durante o acto de conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. Está previsto decorar a praza do Concello, en Bertamiráns, e maila entrada da Casa da Cultura do Milladoiro con paraugas coas cores da bandeira LGTBIQ+. Tamén se vai ler mañá ás 11.00 horas na praza do Concello un manifesto acordado entre os grupos políticos municipais.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames celebra el Día do Orgullo este viernes y premia la fotografía de Vicente Javier González"

La Voz de Galicia: "Santiago y Ames celebran el día del Orgullo LGTBI+ con unidad de sus representantes políticos"

Imaxe gañadora do concurso

Multimedia

  • Imaxe presentada ao concurso
  • Imaxe presentada ao concurso
  • Imaxe presentada ao concurso
  • Imaxe presentada ao concurso
  • Imaxe presentada ao concurso
  • Imaxe presentada ao concurso
  • Imaxe presentada ao concurso
  • Imaxe presentada ao concurso
  • Imaxe presentada ao concurso