Pestanas principais

>"Noites en vela"

Sábado, 20 xullo, 2024
A partir das 21:00 horas

Os Concellos de Ames e Negreira únense un ano máis para organizar unha nova edición do programa Noites en Vela, que terá lugar o sábado 20 de xullo, a partir das 21:00 horas, na Ponte Maceira.

Este ano o programa contempla a actuación de dous grupos: o coro "Son Elas" e a banda "Lontreira". Ao remate dos concertos haberá fogos de artificio. Para máis información pódese enviar un correo electrónico aos enderezos cultura@concellodeames.gal e/ou cultura.deportes@concellodenegreira.es.