Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 10 de xullo de 2024

NOVAS

Entre o 22 e o 30 de xuño, as pistas de tenis de Aldea Nova acolleron a segunda edición Aberto de San Xoán, un torneo de tenis organizado polo club de tenis Val da Maía en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames. Este ano, esta cita deportiva contou cun total de 101 pers ...

Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía dende o alto de san Marcos. A actividade, dirixida a todos os públicos, desenvolverase o sábado 13 de xullo entre as 21:00 horas e as 00:00.

O vindeiro venres, 19 de xullo, o concello de Ames acollerá unha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Así, ao longo desta xornada desenvolveranse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de ...

AXENDA

O mércores 17 de xullo, ás 21:00 horas, a bailarina Paula Quintás representará no parque do Ameneiral de Bertamiráns a súa proposta “Multiperspectivas#2”. Trátase unha proposta orixinal e novidosa que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. Combina improvisac ...