Pestanas principais

A Comisión de festas da Madalena traballa na planificación das festas patronais do Milladoiro

Xoves, 11 de xullo de 2024

A nova Comisión de festas da Madalena, que está constituída por Paula Segade, José Zumalave, Rubén Maceiras e José Luís Vázquez, está traballando nos últimos detalles sobre a planificación das festas patronais do Milladoiro. Ditas festas celebraranse a primeira semana de agosto: dende o venres 2 ata o martes 6. O venres 2 de agosto abrirase as festas co festival Millarock. Entre o sábado 3 e o martes 6, contarase coa actuación das orquestras Panorama, Combo Dominicano, Metrópolis e Gran Parada. Ademais, contase coa Requinta da Amaía, Airiños do Paseo de Colón, Os Castros e coa Banda de música de Brión.

Durante a primeira semana de agosto, o Milladoiro celebrará as festas da Madalena, que comezarán o venres 2 co festival Millarock, seguido da actuación de Requinta da Amaía e a orquestra Metrópolis o sábado 3, Airiños do Paseo de Colón xunto coa Banda de música de Brión e o Combo Dominicano o domingo 4, a actuación de Os Catros e a orquestra Panorama o luns 5, e a orquestra Gran Parada o martes 6 para pechar os festexos.

As actuacións musicais desenvolveranse na Travesía do Porto, mentres que no aparcadoiro da rúa Agriños instalaranse diferentes atraccións e postos de venda de distintos produtos.

Aínda que o cartel das festas está practicamente pechado a nova Comisión de festas da Madalena, que está constituída por Paula Segade, José Zumalave, Rubén Maceiras e José Luís Vázquez, está traballando para pechar os últimos detalles sobre a planificación dos festexos para os que xa queda menos dun mes.

Dende o Concello de Ames trasládase o apoio á nova comisión de festas do Milladoiro. O alcalde, Blas García, resalta “a importancia que teñen as festas de Ames porque son cultura e tradición, pero tamén repercuten de forma moi positiva no noso comercio local”.

A Comisión de festas da Madalena traballa na planificación das festas patronais do Milladoiro

Multimedia

  • A Comisión de festas da Madalena traballa na planificación das festas patronais do Milladoiro
  • A Comisión de festas da Madalena traballa na planificación das festas patronais do Milladoiro