Pestanas principais

Os Seráns de Ames chegan o 8 de agosto a Agrón da man do grupo A banda de Nash

Martes, 06 de agosto de 2024

Este xoves, 8 de agosto, o campo da festa de Agrón acollerá por primeira vez os Seráns de Ames. Esta iniciativa, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión a sexta xornada co concerto do grupo “A banda de Nash” ás 20:00 horas. Premendo nesta ligazón podes consultar o cartel ao completo dos “Seráns de Ames”.

Ás 20:00 horas, este xoves a música encherá o campo da festa de Agrón coa actuación do grupo “A banda de Nash”, que versionará o mellor do pop rock nacional e internacional con temas de grupos tan recoñecidos como Led Zeppelin ou The Beatles, pasando por todas as décadas con Police, Supertramp ,Eagles, Credence, Led Zeppelin, Pink Floyd, Queen ou U2, entre outros.

Iniciativa “Seráns de Ames 2024”
“Seráns de Ames” é unha programación de verán para todos os públicos que volve ao concello por cuarto ano consecutivo, despois de que no ano 2021 se estrease a iniciativa na praia fluvial de Tapia e no 2022 se ampliase á parroquia de Bugallido. Como novidade, este ano cóntase con Biduído e Agrón como sedes, repartindo así entre catro parroquias (Tapia, Bugallido, Biduído e Agrón) as sete xornadas do programa nas que haberá actividades para todos os públicos.

Ata o de agora realizáronse tres xornadas en Tapia, Bugallido e Biduído, cun pregón inaugural a cargo da xornalista e escritora amesá Paula Señarís, coas actuacións dos grupos Maianas e SR. Salvaje, e co espectáculo de danza e circo “A vida tola de Pajarito”.

Trala xornada deste xoves, os Seráns de Ames volverán a Bugallido o xoves, 22 de agosto, cunha Foliada do programa Apego, que incluirá a actuación musical de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 19:00 horas. Por último, a programación remata o xoves, 29 de agosto, en Tapia, co monólogo de Manolo Boquete, ás 19:00 horas.

Os Seráns de Ames chegan o 8 de agosto a Agrón da man do grupo A banda de Nash

Multimedia

  • Os Seráns de Ames chegan o 8 de agosto a Agrón da man do grupo A banda de Nash