Pestanas principais

Inscríbete e participa no obradoiro de conservas tradicionais de froitas organizado pola Aula da Natureza

Martes, 17 de setembro de 2024

A Aula da Natureza inaugura a súa programación de actividades para este outono cun obradoiro de marmelos e confituras. Será o sábado 21 de setembro, de 11:00 a 18:00 horas, nas instalacións da Aula, no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda. Deste xeito, para esta fin de semana organízase un obradoiro para aprender a elaborar doce de mazá e confitura de moras  dirixido a nenos e nenas entre 6 e 14 anos. Máis adiante, organizarase un obradoiro similar para adultos. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto ata o venres 20 de setembro, ás 14.00 horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Proximamente presentarase a programación completa da Aula da Natureza para o último trimestre do ano.

A Aula da Natureza propón darlle a benvida ao outono cun obradoiro para aprender a facer marmelos e confituras para aproveitar os excedentes de froita. O obxectivo desta actividade é concienciar sobre o desperdicio de comida, ao tempo que se fomentan os métodos tradicionais de aproveitamento dos alimentos.

Durante a mañá, a rapazada fará un percorrido arredor da Aula da Natureza recollendo mazás e moras das silveiras, que posteriormente prepararán para elaborar doce de mazá e confitura de mora. Virá logo un tempo de xogos e un xantar todos xuntos (deberán levar a comida da casa). Unha vez rematada a actividade, os e as participantes levarán para casa un pequeno doce de maza e un tarro de marmelada.

Inscricións
O obradoiro, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, terá lugar o sábado 21 de setembro, de 11:00 a 18:00 horas. Esta actividade realizarase nas instalacións da Aula da Natureza. Haberá servizo de autobús para achegarse ata este lugar que sairá dende a Casa da Cultura do Milladoiro e dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ofértanse 30 prazas para sta actividade. O prazo de inscrición está aberto ata o 20de setembro. Para participar é preciso inscribirse previamente enviando a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Inscríbete e participa no obradoiro de conservas tradicionais de froitas organizado pola Aula da Natureza

Multimedia

  • Inscríbete e participa no obradoiro de conservas tradicionais de froitas organizado pola Aula da Natureza