Sábado, 28 setembro, 2024
A partir das 9:00 horas
- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza un percorrido pola oitava etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. A ruta realizarase o sábado 28 de setembro. Os participantes camiñarán arredor de 15 quilómetros, partindo desde o Lugar de Tallós, en Dodro, e chegando ata A Picaraña. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o xoves 26 de setembro. Haberá servizo de autobuses con saída dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas.