Pestanas principais

>Obradoiro de cosmética con mel de Galicia

Sábado, 28 setembro, 2024
Ás 10:00 horas

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza para o sábado, 28 de setembro, o obradoiro denominado “Doce outono adultos, cosmética con mel de Galicia”. Nesta actividade farase unha breve introdución teórica dos recursos aproveitables da colmea, elaboración de tintura de própole, xabón de glicerina con mel, crema corporal con mel, etc.

Para participar nesta actividade é precisa inscrición previa. As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal , indicando a actividade na que se quere participar