Pestanas principais

Quedan prazas dispoñibles para os cursos que organiza a Aula AMTIC no último trimestre

Martes, 8 outubro, 2024
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) ten preparada a nova programación que se vai impartir nos meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Dentro da programación que se vai impartir inclúese o segundo módulo do curso de alfabetización dixital, que se impartirá nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas. Ademais, impartiranse 4 cursos máis de xeito presencial. Aínda estás a tempo de inscribirte nestas actividades.

Programación Aula AMTIC
Do 9 de outubro ao 21 de novembro impartirase un curso de iniciación á informática para adultos que está dirixido a persoas maiores de 18 anos. Impartirase os mércores e xoves de 10:00 a 12:00. Tamén en outubro se ofrecen dous cursos para menores de 18 anos: un curso de informática para nenos/as (do 10 de outubro ao 12 de decembro), destinado a rapaces e rapazas de entre 7 e 10 anos; e un de mecanografía para menores de 10 anos (do 11 de outubro ao 13 de decembro). Estes cursos realizaranse en quenda de tarde, os xoves e venres de 17:15 a 18:45 horas.

No mes de novembro haberá un novo cursos para adultos. Do 27 de novembro ao 5 de decembro impartirase o obradoiro de administración electrónica. Será os mércores e xoves de 10:00 a 12:00 horas. Ofértanse 12 prazas.

Para o mes de decembro hai programado un último curso sobre compras seguras en internet para maiores de 18 anos, que se vai impartir do 11 ao 18 de decembro, de 10:00 a 12:00 horas.

Por outra banda, co inicio do novo curso, a AMTEGA vén de convocar novas prazas para a obtención da nova Certificación Galega de Competencias Dixitais (COMDIX). Deste xeito, abríronse as convocatorias de dúas edicións do nivel de iniciación:

  • Outubro: inscricións abertas ata o 18 de setembro.
  • Novembro: inscricións abertas ata o 18 de outubro.

O temario completo do exame está xa dispoñible para todo o mundo na plataforma de teleformación. Pódese acceder co usuario da rede CeMIT na sección de Cursos / Competencias Dixitais.

Para complementalo e facer máis accesible a formación, a Aula AMTIC vai realizar un curso presencial previo a cada convocatoria: un do 9 ao 16 de outubro, e outro do 6 ao 13 de novembro. Ambos cursos serán os mércores, de 17:15 a 18:45 horas.

Inscricións
As inscricións poden realizarse na Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, sitiada na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta: de luns a venres de 10:00 a 12:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas (agás nas horas de formacións), enviando a ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@gmail.com, ou chamando ao teléfono 674 594 843, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas.

Multimedia