Pestanas principais

>"Encontros co alcalde": Bugallido

Xoves, 7 novembro, 2024
Ás 20:00 horas

O Goberno municipal do Concello de Ames iniciou unha rolda de visitas polas parroquias do municipio. O obxectivo destes “Encontros co Alcalde” é recorrer toda a xeografía municipal explicando o traballo que se está realizando dende o Concello, aclarando as dúbidas que poida ter a veciñanza sobre algún tema en concreto e, por último, tomar nota das reclamacións. O 7 de novembro haberá unha xuntanza no local social de Bugallido, ás 20.00 horas.