Pestanas principais

Preto de 1.100 persoas desfrutaron do XIX Festival internacional de Maxia de Ames

Luns, 28 de outubro de 2024

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro volveron ser protagonistas un ano máis do Festival internacional de Maxia “FestiMax”, unha das citas máis características do outono amesán, que se celebrou os días 25, 26 e 27 de outubro. O evento, que reuniu a un total de 1.056 persoas, estivo cargado de humor, sorpresas e ilusionismo. Houbo espectáculos moi variados e de gran calidade artística. A veciñanza amesá puido desfrutar ao longo de tres xornadas dos espectáculos e obradoiros de magos galegos e internacionais. Nunha sondaxe que se fixo ao saír das distintas sesión da Gala máxica internacional, as persoas asistentes manifestaron que este ano sorprendeunos positivamente a variedade e estilo dos números, que incluíron desde maxia de preto e cómica ata grandes ilusións. Preme nesta ligazón para ver a galería fotográfica do FestiMax 2024.

Éxito total na XIX edición do FestiMax, na que se completou o aforo en todas as actividades do programa, tanto nos espectáculos como nos distintos obradoiros. En total, 1.056 persoas asistiron este ano ao FestiMax.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou “o gran éxito de participación nesta edición do festival de maxia no que ao longo de tres días máis dun milleiro persoas pasaron polos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O festival, que comezou no 2005, superou este ano a súa maioría de idade, o que pon de manifesto o éxito que colleita esta iniciativa tanto no noso concello como na súa contorna”.

Gala máxica internacional
A Gala máxica internacional foi novamente o espectáculo que máis espectadores xuntou. Un ano máis, realizáronse catro sesións de dita gala (dúas en Bertamiráns e outras dúas no Milladoiro) nas que participaron un total de 700 persoas, completando o aforo nos auditorios en todos os pases.

O espectáculo estivo presentado polo mago Migue, que foi dando paso ao distintos artistas e sorprendeu ao público amesán coa súa actuación. Os magos que participaron na Gala máxica internacional foron o galego Nacho Samena, os cataláns Ramó & Alegría, o peruano Bruno Tarnecci e o francés Néstor Hato.

Maxia para todos os públicos
A programación do FestiMax tamén contou con espectáculos novidosos. O mago galego Dani Polo, gañador de múltiples premios e presente nos principais festivais máxicos de Europa, levou a ilusión aos maiores do concello en dúas sesións, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, ás que asistiron 80 persoas.

Outra das novidades deste ano foi o espectáculo de maxia para bebés, no que o Mago Paco presentou a súa proposta “Patapún”, un espectáculo divertido e visual para os máis cativos. Nesta actividade, está dirixida a crianzas entre 1 e 4 anos, participaron un total de 120 persoas.

O Baúl da maxia
Tamén houbo varios pases de “maxia de proximidade” para grupos reducidos a cargo da maga arxentina Lore Lavand na súa caravana máxica. Houbo un total de seis pases, nos que participaron un total de 108 persoas.

Obradoiros de maxia
Por outra banda, houbo unha serie de obradoiros de maxia nos que se completaron as 48 prazas dispoñibles. Ditos obradoiros, que estiveron dirixidos a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, foron impartidos a cargo do mago Paco.

Photocall máxico
Outra das novidades desta edición foi un photocall máxico, que se instalou nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Deste xeito, as persoas que acudiron a ver algún espectáculo ou participar nos obradoiros de maxia puideron facer unha foto no sofá máxico.

En definitiva, houbo espectáculos moi variados e de gran calidade artística. A veciñanza amesá puido desfrutar ao longo de tres xornadas dos espectáculos e obradoiros de magos galegos e internacionais. Nunha sondaxe que se fixo ao saír das distintas sesión da Gala máxica internacional, as persoas asistentes valoraron moi positivamente o festival e manifestaron que este ano sorprendeunos a variedade e estilo dos números, que incluíron desde maxia de preto e cómica ata grandes ilusións.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Éxito de público nun Festimax que estreaba a maioría de idade"

Preto de 1.100 persoas desfrutaron do XIX Festival internacional de Maxia de Ames

Multimedia

  • Preto de 1.100 persoas desfrutaron do XIX Festival internacional de Maxia de Ames