Mércores, 30 outubro, 2024
- Tematica
O Concello de Ames convocou un minuto de silencio para este xoves, 31 de outubro, ás 11.30 horas, diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e das Oficinas municipais do Milladoiro. Dito acto faise en memoria das vítimas que deixa a DANA nas provincias de Albacete e Cuenca, así como na Comunidade Valenciana, que está sendo o lugar máis afectado por este fenómeno meteorolóxico.
Por outra banda, este mércores pola tarde decidiuse en Xunta de voceiros/as, suspender o pleno ordinario de outubro que se ía celebrar este xoves día 31, ás 20.30 horas, como mostra de apoio ás miles de persoas afectadas pola DANA. Dito pleno celebrarse o vindeiro mércores 6 de novembro ás 20.30 horas.