- Tematica
O Concello de Ames iniciou o pasado sábado, 2 de novembro, en colaboración con asociacións municipais, unha campaña de recollida de alimentos e enseres para as persoas damnificadas pola DANA. Principalmente demándanse produtos de limpeza, auga, alimentos (sobre todo leite para bebés e latas de conservas), calcetíns e botas de auga. Estes produtos poden depositarse ata o venres 8 de novembro nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns, en horario de 9.00 a 20.00 horas, e na Casa do Concello, de 9.00 a 14.00 horas. Ademais, é moi importante que todas as persoas que poidan facer un donativo de diñeiro o fagan a través das vías habilitadas por Cruz Roja e Caritas.
O Concello de Ames fai un chamamento á colaboración e á solidariedade con todas as persoas afectadas pola DANA. Deste xeito, o pasado sábado 2 de novembro iniciouse unha campaña de recollida de alimentos e enseres en colaboración co tecido asociativo e en coordinación coa Federación Española de Municipios e Provincias. A campaña está dirixida polo departamento municipal de Voluntariado e xa están os puntos de recollida habilitados para depositar doazóns.
Principalmente demándanse produtos de limpeza, auga (moi importante), alimentos (sobre todo leite para bebés e latas de conservas), calcetíns e botas de auga. Tamén son necesarios outros produtos como leite, alimentos non perecedoiros, biberóns, cueiros, palas, produtos de hixiene persoal e sacos de durmir que poderán ser depositados ata o venres 8 de novembro nas seguintes dependencias municipais:
-Casa da Cultura do Milladoiro (de 9.00h a 20.00 horas).
-Casa da Cultura de Bertamiráns (de 9.00h a 20.00 horas).
-Casa do Concello (de 9.00h a 14.00 horas).
-Local de Protección Civil (luns e mércores, 4 e 6 de novembro, de 16.00h a 20.00 horas).
O tecido asociativo de Ames tamén se mobiliza e asociacións como Xuntanza de Empresarios de Ames, a Asociación Veciñal de Bugallido, a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro e maila Asociación de pequenos comerciantes Palmira Bulebar habilitaron espazos para esta recollida de enseres e alimentos:
-Local da antiga escola de Bugallido: luns e martes, 4 e 5 de novembro, de 20.00h a 22.00 horas.
-Asociación de Empresarios Novo Milladoiro: luns, 4 de novembro, de 10.00h a 14.00 horas.
-Locais asociados á Xuntanza de Empresarios de Ames, durante os horarios de atención ao público.
Doazóns económicas
Ademais, é moi importante que todas as persoas que poidan facer un donativo de diñeiro o fagan a través das vías habilitadas por Cruz Roja e Caritas. Ditas entidades están traballando nas zonas afectadas e destacan que é importante dispor de fondos para poder realizar os traballos de reconstrución. As doazón pódense facer a través de Bizum e das contas bancarias habilitadas.
Ames fai un chamamento á colaboración e solidariedade con todas as persoas damnificadas por esta catástrofe natural. Para responder a calquera dúbida sobre como colaborar nesta campaña poden chamar ao número de teléfono 662 377 044 da Oficina de Voluntariado de Ames.