Pestanas principais

>Formación en igualdade: "Falarnos Bonito"

Sábado, 30 novembro, 2024
Ás 11:00 horas

O departamento de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá, familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre. Desta volta, organiza un curso de formación en comunicación non violenta denominado Falarnos Bonito, que se vai desenvolver o 30 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Pazo da Peregrina. Trátase dunha actividade de balde, pero para participar hai que inscribirse enviando ata o 27 de novembro o impreso de inscrición ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

Dentro da programación municipal dos actos en conmemoración do 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, o departamento de Xuventude ofrece esta formación específica para mozos/as, familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre (monitores/as de actividades de tempo libre en centros escolares, coidadores/as, educadores/as, mestres/as, etc).

Este obradoiro participativo baséase na comunicación non violenta e a educación emocional. A súa aplicación permite desenvolver dinámicas de comunicación respectuosas e colaborativas, tanto no fogar como no ámbito educativo, promovendo espazos respectuosos para o desenvolvemento das nenas e nenos.