Pestanas principais

>"Comedia Bífida" Grupo de Teatro da Asociación Terras de Outes

Venres, 6 decembro, 2024
Ás 20.00 horas

O Concello de Ames retoma a Mostra de Teatro Afeccionado, actividade que levaba sen celebrarse desde a súa última edición no 2019. O ciclo teatral, organizado polo Concello e a Escola Municipal de Teatro de Ames, acollerá as actuacións de diferentes grupos de teatro non profesionais dos municipios de Ames, Teo, Brión, Outes e Ribeira ao longo de cinco xornadas nas que se poñerá en valor a cultura e a lingua galega. A terceira sesión teatral estará a cargo do Grupo de Teatro da Asociación Terras de Ordes, que representará a obra Comedia Bífida, baseada na obra de Manuel Núñez Singala.

Esta representación teatral é unha comedia disparatada, baseada na obra de Manuel Núñez Singala, que xulga os prexuízos contra o uso da lingua galega. As persoas acusadas son levadas ante un tribunal ás portas do ceo para ser xulgadas pola súa conduta terreal coa propia lingua. Unha obra ideal para rir, sorrir e pensar por que algunhas das cousas que facemos e dicimos sobre a nosa lingua non as entendemos nin nós mesmos.

A obra versa sobre unha serie de xuízos celestiais co eixo principal sobre a lingua galega. As acusadas e acusados son levados ante un tribunal nas portas do ceo para ser xulgados sobre a súa conduta terreal coa lingua, nomeadamente do seu maltrato en diferentes aspectos sociais e tamén lingüísticos.