Pestanas principais

A XIV edición das Xornadas “Achégate á igualdade” puxeron o foco na prevención da violencia de xénero en todos os ámbitos da sociedade, desde a educación á concienciación da mocidade

Venres, 22 de novembro de 2024

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ao longo da xornada de hoxe unha das actividades programadas polo Concello en conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, a XIV Xornadas “Achégate á igualdade”, que este ano tiveron como lema “A prevención da violencia de xénero desde a ética dos coidados”. Unha edición orientada especialmente á concienciación entre a mocidade da violencia sexual e que contou coa participación do alumnado dos institutos de Bertamiráns e do Milladoiro. As xornadas comezaron cunha mesa de apertura institucional na que participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana Pérez.

O alcalde de Ames, Blas García, dixo que “é moi importante que distintas administracións traballen de xeito conxunto en prol da igualdade e para tratar de erradicar a violencia de xénero. Loitar en contra da violencia de xénero non debe de ser un tema exclusivo de ningún partido político, temos que tratar de traballar todos xuntos nun tema tan importante coma este, e non tratar de facer política con algo tan importante na nosa sociedade como é esta cuestión. Todos e todas somos parte imporante en traballar para erradicar a violencia de xénero, pero a mocidade sodes os que tedes un traballo máis importante por diante, que é loitar contra a violencia de xénero e pola igualdade, respectarvos uns aos outros. Iso é o máis importante, o respecto, que temos que ter entre todas as persoas, sexamos homes ou mulleres, e tamén hai que traballar por ter unhas relacións sas”.   

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, puxo en valor os avances en materia de igualdade que se fixeron en España nos últimos anos pero “queda moito por facer e concienciar, de aí a importancia de xornadas como a que se desenvolve hoxe aquí e queda moito por traballar no ámbito da prevención. Debemos comezar por non banalizar a figura da muller e non perpetuar eses estereotipos de xénero e non invisibilizar ás mulleres da vida pública ou espazos de poder”.

Deste xeito, a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, destacou as novas formas de exercer violencia contra as mulleres a través das redes sociais ou outros medios dixitais e avanzou que “desde a Xunta de Galicia estamos a desenvolver a primeira Lei de Violencia Dixital de Galicia e será a primeira normativa de España que regule esta materia e suporá complementar o actual marco normativo galego e establecer novas medidas de sensibilización, prevención e detección do acoso no eido dixital”. Así mesmo, María Quintiana, amosou a súa “preocupación polo consumo de pornografía nas idades máis temperás” e puxo en valor o traballo dos centros Quérote+ para a construción dunha educación afectivo-sexual entre a mocidade.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, destacou que “estas xornadas son un espazo que construímos xuntos para reflexionar, aprender e avanzar no camiño cara á igualdade. Hoxe reunímonos con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, que conmemoramos cada 25 de novembro para alzar a voz contra unha realidade que segue afectando a millóns der mulleres en todo o mundo. Esta data recórdanos a necesidade urxente de traballar conxuntamente para erradicar a violencia de xénero e construír unha sociedade máis xusta e segura. O Concello de Ames, comprometido coa promoción da igualdade, sente orgullo de organizar estas xornadas que se converteron nun referente de sensibilización e educación na nosa comarca. Sabemos que o cambio comeza aquí, con cada un e cada unha de nós, ao cuestionar estereotipos, denunciar inxustizas, e sobre todo, ao cultivar relacións baseadas no respecto e o coidado mutuo”.

Violencia sexual contra as persoas en situación de vulnerabilidade
Tras a apertura institucional, deu comezo a programación da xornada ás 10.00 horas coa mesa redonda “Violencia sexual contra as persoas en situación de vulnerabilidade”, que tivo como eixo central os diferentes aspectos e ámbitos nos que se exerce a violencia contra as mulleres e na que se desmontaron mitos e crenzas sobre todo o que rodea a este eido. Neste coloquio, presentado por María Teresa Arufe Vázquez, interviron Lorena Boquete Vila, psicóloga e sexóloga na Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia; Chelo Neira Leis, directora do Centro de Recuperación Integral para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero e coordinadora da Rede Galega de Acollemento; e Lorena Nieto Iglesias, psicóloga dentro do programa Vagalume que ofrece atención ás mulleres en contextos de prostitución e trata.

Nesta mesa redonda, cada unha das profesionais afondou sobre a situación da violencia de xénero dentro da súa especialización e ámbito de actuación. Comezando con Lorena Boquete Vila, psicóloga e sexóloga na Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, puxo especial atención na situación das persoas con discapacidade que, polas súas condicións, poden ser potenciais vítimas de violencia de xénero.

Así mesmo, Chelo Neira Leis,  directora do Centro de Recuperación Integral para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero, afondou noutras consecuencias nas que poden derivar as vítimas de violencia contra a muller como poden ser o consumo de drogas ou enfermidades mentais. Ademais, puxo o foco no mito desa “falsa crenza de control por parte das mulleres que son vítimas de violencia de xénero por ser cousas que acontecen dentro do fogar”.

En último lugar, interviu Lorena Nieto Iglesias, psicóloga dentro do programa Vagalume, que centrou gran parte da súa intervención en desfacer todas as crenzas que existen ao redor da prostitución e como aínda, a día de hoxe, segue sendo un problema no que queda moito camiño por percorrer.

Green Flags: cultivando relacións saudables
Posteriormente, comezou a conferencia “Green flags: cultivando relacións saudables”, impartida por María Rodríguez Suárez, doutora en Xénero e Diversidade e sexóloga en Asturias.

O tema central deste relatorio, especialmente orientada cara o público máis novo, foron as boas prácticas e bases para unhas relacións afectivo-sexuais saudables e en igualdade. María Rodríguez destacou a comunicación como o fundamento para construír unhas relacións de parellas sans e “libres de toxicidade”.

Teatro-foro “Isto é amor? Decídeo ti”
A programación continuou co teatro-foro “Isto é amor? Decídeo ti” da compañía PSIARE, unha actividade á que primeiro asistiu o alumnado do instituto do Milladoiro no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro e, posteriormente, o alumnado de Bertamiráns coa representación da obra na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Este formato, que mestura a representación teatral coa participación activa do público, é un xeito diferente para ensinar á mocidade desde a arte a importancia da saúde mental entre as parellas. Este teatro-foro comeza cunha obra que narra a historia dun amor ‘tóxico’ e, a medida que vai avanzando, os actores buscan a participación do público, expoñéndoos a diferentes situacións. O elenco desta representación está composto por psicólogos e actores polo que tamén ten ese compoñente de reflexión, neste caso entre os máis novos.

Peche das xornadas co obradoiro para profesionais e familias
As xornadas rematarán esta tarde co obradoiro “Falemos de porno: a educación sexual como alternativa”, presentado por Mónica Antelo Martelo, psicóloga do Concello de Ames, e impartido de novo por María Rodríguez Suárez, doutora en Xénero e Diversidade pola Universidade de Oviedo e sexóloga.

Este taller terá como eixo central o papel da pornografía na educación sexual dos menores na actualidade e a vía dunha educación sexual de calidade dentro dos propios centros educativos como alternativa para frear as construcións de idealización da violencia sexual que implica o consumo de pornografía na xuventude.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames enfoca en la prevención su jornada sobre violencia de género"

El Correo Gallego: "Cuidados y educación sexual para crear relaciones sanas sin violencias"

A XIV edición das Xornadas “Achégate á igualdade” puxeron o foco na prevención da violencia de xénero en todos os ámbitos da sociedade desde a educación e a concienciación dos máis mozos

Multimedia

  • A XIV edición das Xornadas “Achégate á igualdade” puxeron o foco na prevención da violencia de xénero en todos os ámbitos da sociedade desde a educación e a concienciación dos máis mozos