- Tematica
Este pasado venres, 13 de decembro, celebrouse en Carballo a Gala dos XV Premios Galicia á Xestión Deportiva, organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE). Un evento no que o Concello de Ames foi galardoado co Premio á xestión pública do deporte, un recoñecemento ao traballo que se realiza neste eido desde o departamento de Deportes do Concello. Ao acto asistiron o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís.
O acto, celebrado no Pazo da Cultura do Concello de Carballo, asistiron máis de 150 persoas do mundo do deporte e representantes das diferentes institucións. En representación do Concello de Ames, recoñecido nestes premios pola súa xestión pública do deporte, asistiron o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Deportes, Susana Señorís.
Resto de galardoados
As entidades e persoas galardoadas co resto de premios foron as seguintes:
-Premio á mellor persoa xestora do deporte: Miguel Lozano Garrido (Fundador e CEO da Empresa BZ55).
-Premio á mellor actividade ou programa deportivo: Club Rugby Fendetestas.
-Premio á xestión deportiva dun concello menor de 15.000 habitantes: Concello de Ribadeo.
-Premio á xestión pública do deporte: Concello de Ames.
-Premio á xestión deportiva empresarial: Distrito Estudio.
-Premio á xestión deportiva no terceiro sector: Federación Galega de Pádel.
-Premio ao mellor estudo ou innovación no deporte: Joan Celma Giménez (Presidente do Observatorio Internacional do Deporte).
-Premio ao mellor patrocinio deportivo: Fundación Luis Calvo Sanz.
-Premio á xestión sostible no deporte: Concello de Muras.
-Premio á xestión deportiva de inclusión social: Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco (Proxecto TUXELEIRES Rugby).
-Premio á xestión deportiva con perspectiva de xénero: BKC Coruña.
-Recoñecemento especial “José Luís Salvador”: Periódico digital 21 Noticias.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Galardón para el Concello de Ames"