- Tematica
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 28 de novembro a concesión de 10.000 euros repartidas en bolsas para 17 deportitas de Ames. Esta liña de axudas está dividida en dos grupos: no grupo A (deportistas de 12 a 17 anos) concedéronse 16 bolsas que suman un importe de 9.300 euros, mentres que no grupo B (deportistas de 18 a 23 anos) concedeuse unha bolsa por importe de 700 euros. Trátase dunha nova liña de achegas para a concesión de bolsas para deportistas do concello de Ames no ano 2024. A finalidade desta convocatoria é apoiar aos/as deportistas individuais de Ames, como medio para promover o deporte do municipio e, desta forma, conseguir logros deportivos para o concello.
O Concello de Ames, na súa labor de promoción e difusión do deporte, vén de aprobar a concesión de 10.000 euros que se enmarcan na convocatoria de bolsas para deportistas individuais do municipio. Moitos destes deportistas teñen dificultades para progresar en disciplinas individuais (olímpicas ou non olímpicas), especialmente nas etapas de formación. Debido a iso o Concello de Ames aprobou, por primeira vez en 2024, esta liña de axudas municipais.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, sinala que o obxectivo destas bolsas é “apoiar aos/as deportistas individuais de Ames, como medio para promover o deporte do municipio e, desta forma, conseguir logros deportivos para o concello”. Así, explica que “o que se pretende é axudar á práctica e ao rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e á obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel”.
Concesión de 17 bolsas
Deste xeirto, a Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 28 de novembro a concesión de 10.000 euros repartidas en bolsas para 17 deportitas de Ames. Esta liña de axudas está dividida en dos grupos: no grupo A (deportistas de 12 a 17 anos) concedéronse 16 bolsas que suman un importe de 9.300 euros, mentres que no grupo B (deportistas de 18 a 23 anos) concedeuse unha bolsa por importe de 700 euros. O importe individual das achegas concedidas no podía superar os 700 euros.
No grupo A (deportistas de 12 a 17 anos) os deportitas que obtiveron dita bolsa foron: María Estévez Vázquez (atletismo), Nicolás Collazo Santamaría (atletismo), Mauro Vilas Macías (squash), Olivia Parga García (karate), Xoan David Parga García (karate), Iván Gutierrez Mosquera (ximnasia rítmica), Irene Gutierrez Mosquera (ximnasia rítmica), Lucas Castillo Balsa (squash), Antón Gómez Arnejo (golf), Simón Gómez Arnejo (golf), Jorge Sanmartín Villanueva (patinaxe), Brais Carreira Blanco (squash), Roi Carreira Blanco (squash), Antía Trincado Gómez (hípica), Mara Prieto Mariño (squash) e Gael Prieto Mariño (squash).
No grupo B (deportistas de 18 a 23 anos) o único deportita que obtivo unha bolsa dentro desta conocatoria de axudas foi Fernando Ferrer Cuadrado (squash).