- Tipo
- Tematica
O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta a súa programación de contacontos para os primeiros meses do ano e que, como vén sendo habitual, traerá ata as bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns as mellores historias para que os máis cativos de Ames poidan gozar da lectura.
A terceira das sesións realizarase no mes de abril, cos "Son, son... quen son?". En Milladoiro estarán o martes 22, mércores 23 e xoves 24 de abril ás 17.30 horas. As inscricións para a actividade estarán abertas do 7 ao 16 de abril e pódense facer chamando ao 981 530 807 ou enviando un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal indicando o nome, apelidos e idade das crianzas que van a participar, xunto cun número de teléfono de contacto.