- Tipo
- Tematica
A Biblioteca municipal de Ames, que xa presentou a súa programación de contacontos, continúa tamén cos obradoiros adicados á rapazada que cursa de 3º de primaria en diante. No mes de febreiro, como non podía ser doutra maneira, o obradoiro conmemora o Día de Rosalía, que se celebra o 23 de febreiro. O prazo de inscrición para participar no obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!” estará aberto do 10 ao 18 de febreiro.
A actividade celebrarase o sábado 22 na biblioteca de Bertamiráns ás 11.30 horas. O prazo de inscrición é do 10 ao 18 de febreiro chamando ao 981884829 (biblioteca de Bertamiráns) ou enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal indicando o nome, apelidos e curso, así como o nome do adulto responsable e un número de teléfono de contacto.
