- Tematica
Xa están dispoñibles para a súa solicitude as axudas para as festas populares celebradas no 2025 por asociación e comisións de festas do concello de Ames, que ascenden a 24.000 euros. Pódese consultar as bases da convocatoria na seguinte ligazón.
Co fin de optimizar os recursos e para garantir a estabilidade e viabilidade dos orzamentos, na convocatoria establécense asignacións económicas máximas por parroquias. As asociacións culturais ou veciñais e comisións de festas que organizan os festexos dentro dunha mesma parroquia, terán que coordinarse entre si e realizar a súa solicitude de programación cumprindo os seguintes requisitos e normas:
- Parroquias de menos de 500 hab.: Máximo 2 actuacións. Límite orzamentario 1.000€
- Parroquias de 500 - 3000 hab.: Máximo 5 actuacións. Límite orzamentario 3.000€
- Parroquias de máis de 3000 hab.: Máximo 8 actuacións. Límite orzamentario 4.000€
- Entidades organizadoras de eventos de interese sociocultural ao marxe dos festexos populares: 1 actuación. Límite orzamentario 500€
A concesión destas axudas realízase directamente ás agrupacións de música tradicional ou corais do concello de Ames que estean inscritas no Programa de agrupacións de música tradicional ou Corais do Concello de Ames e que conten cun contrato tramitado ao efecto.
Entidades destinatarias e presentación de solicitudes
Poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais ou veciñais e comisións de festas do concello legalmente constituídas, que realicen actividades orientadas á dinamización sociocultural, e que estean ao corrente de pago das súas obrigas por reintegro de subvencións concedidas polo Concello de Ames, así como das obrigas tributarias e fiscais coa AET, co Concello de Ames e coa Seguridade Social.
As solicitudes deberán presentarse a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR), en cumprimento do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os prazos para a presentación son:
- 1º prazo: para as festas e eventos que se celebren nos meses de xaneiro ata agosto, deberán facer a solicitude por rexistro ata o 15 de maio.
- 2º prazo. Para as festas que se celebren nos meses de setembro a decembro, deberán facer a solicitude por rexistro antes do 31 de xullo.