- Tipo
- Tematica
Este mes de marzo retómase a programación desta edición dos Encontros Literarios, coa presentación de "Ángeles de Santiago: Génesis" de Alba Sánchez. Ademais da autora da obra, estará presente durante a charla Mónica de Soto Alberto, profesora de filosofía. O encontro terá lugar o xoves 6 de marzo ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.
O Concello de Ames, a través do departamento de Bibliotecas Municipais, continúa coas presentacións de libros do programa “Encontros Literarios”, unha actividade que promove a literatura en galego e axuda a dar a coñecer a escritores próximos.
“Ángeles de Santiago: Génesis” de Alba Sánchez
A autora deste próximo encontro é Alba Sánchez Suárez, unha moza santiaguesa de só 17 anos afeccionada dende ben cativa a todos os tipos de literatura. Esta obra de fantasía é a súa primeira publicación é o froito a tres anos de investigación e traballo sobre historias e mitos relacionados cos anxos e outros seres mitolóxicos ambientados na cidade de Compostela. Con todo, esta obra será o inicio dunha saga de libros xuvenís.
A novela narra a historia de Raquel tras a morte súbida da súa nai, unha mestura entre realismo e ficción na que aparecen diferentes personaxes como os anxos e demos.
