Pestanas principais

Integrantes da Fundación Down Compostela participarán este venres no InnovAmes para complementar a súa formación no Programa de Emprego con Apoio e Inclusión Social

Luns, 03 de marzo de 2025

O Concello de Ames e a Fundación Down Compostela asinaron esta mañá, no Salón de Plenos do Concello, un convenio de colaboración entre ambas entidades. Deste xeito, membros de Down Compostela participarán este venres na V edición do InnovAmes como actividade complementaria á súa formación no Programa de Emprego con Apoio e Inclusión Social enmarcado no S.E.P.A.P. (Servizo de Promoción da Autonomía Social).

O salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu está mañá a asinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Ames e a Fundación Down Compostela para a realización dunha xornada de formación práctica dos membros da entidade na V edición do InnovAmes que terá lugar este vindeiro venres, 7 de marzo, no pavillón deportivo do Milladoiro. Deste xeito, búscase favorecer á inserción sociolaboral das persoas participantes dos Programas de Emprego con Apoio e Inclusión Social.

Ao acto desta mañá asistiron, por parte do Concello de Ames, o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; a concelleira de Educación, Carmen Porto e a concelleira de Benestar Social, Uxía García. Pola parte de Down Compostela asistiron o presidente da fundación, Juan Jesús Martínez López, e Beatriz Martínez, da área de Formación e Emprego. Foron acompañados por Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia.

Este convenio, sen ánimo de lucro,  ten como obxectivo apoiar á inclusión e insercción sociolaboral dun colectivo con especial dificultade para acceder ao mercado laboral ordinario, permitindo e facilitando a tarefa do preparador ou preparadora laboral da fundación e favorecendo os apoios ao longo do proceso de inserción.

Así mesmo, os membros da Fundación Down Compostela que participen nesta xornada, realizarán un período de formación práctica de 4 horas e media o vindeiro venres 7 de marzo. Para a realización desta formación, facilitaranse todas as accións de adaptación ao posto de traballo necesarias e precisas para que os participantes poidan acadar o nivel de formación e habilidades sociolaborais necesarias. Na mesma liña, a Fundación Down Compostela prestará apoio para a realización desta formación ás persoas participantes no programa. Este convenio fará posible que tres veciños e veciñas do Concello de Ames poidan seguir sumando experiencias laborais que completen a súa formación.

Novas relacionadas:

AMSGO!: "Integrantes da Fundación Down Compostela participarán este venres no InnovAmes para complementar a súa formación no Programa de Emprego con Apoio e Inclusión Social"

Integrantes da Fundación Down Compostela participarán este venres no InnovAmes para complementar a súa formación no Programa de Emprego con Apoio e Inclusión Social

Multimedia

  • Integrantes da Fundación Down Compostela participarán este venres no InnovAmes para complementar a súa formación no Programa de Emprego con Apoio e Inclusión Social