- Tematica
A Escola Municipal de Música de Ames continúa coa súa programación de actividades enmarcadas dentro da celebración do 20º aniversario da escola. Desta volta, coa realización dun obradoiro de batucada que se desenvolverá ao longo dos días 15, 22 e 29 de marzo, en horario de 11.00 a 13.00 horas. Hai 25 prazas dispoñibles e terá preferencia para apuntarse o alumnado da Escola de Música maior de 8 anos. Con todo, no caso de quedar prazas libres, poderá participar calquera persoa interesada. Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta, que se pode descargar na seguinte ligazón, ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.
A Escola Municipal de Música de Ames organiza neste mes de marzo un obradoiro de batucada con motivo da celebración do 20º aniversario da escola. Así mesmo, realizaranse tres obradoiros, impartidos pola A.C. Trópico de Grelos, nas que o alumnado participante gozará dunhas xornadas cheas de ritmo e diversión ao mesmo tempo que aprenden a tocar os instrumentos de percusión necesarios nesta vertente musical.
A actividade desenvolverase os días 15, 22 e 29 de marzo, en horario de 11.00 a 13.00 horas, na propia Escola Municipal de Música de Ames. É obrigatorio asistir ás tres xornadas de formación. Na terceira e última clase, o día 29, realizarase pola tarde unha saída polas rúas de Bertamiráns para amosar o aprendido nas clases.
Para inscribirse é preciso enviar cuberta a folla de inscrición ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. Hai 25 prazas dispoñibles e terán prioridade para participar o alumnado da Escola de Música maior de 8 anos. No caso de quedar prazas dispoñibles, poderá apuntarse calquera persoa interesada en participar.
Novas relacionadas:
Diario de Compostela: "A Escola Municipal de Música de Ames organiza unhas xornadas de batucada para celebrar o seu 20º aniversario"