- Tematica
O Concello de Ames recibe unha axuda de 9.594,18 euros dentro da convocatoria posta en marcha pola Deputación da Coruña sobre o programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2024.
No caso do Concello de Ames dita subvención destinarase á contratación de socorristas para as piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro e para a praia fluvial de Tapia para o ano 2024.
A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión das subvencións correspondentes ao programa FO023B/2024 da convocatoria do programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2024. O Concello de Ames é un dos beneficiarios desta convocatoria cunha axuda de 9.594,18 euros para a contratación dos socorristas.