Pestanas principais

>Obradoiro de encadernación xaponesa no Milladoiro

Venres, 25 abril, 2025
Ás 17.00 horas

O departamento de Bibliotecas organiza varias actividades no vindeiro mes de abril como parte da programación  "Abril, mes do libro en Ames". Unha delas será un obradoiro de encadernación xaponesa, dirixido para as crianzas a partir de 3º de primaria. Na biblioteca do Milladoiro realizarase o venres 25 de abril ás 17 horas, mentres que en Bertamiráns será o sábado día 26 ás 11.30 horas.