Pestanas principais

O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo, 27 de abril, o III Concurso de Canto e Percusión Tradicional

Venres, 25 de abril de 2025

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este domingo, 27 de abril, a terceira edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional, un certame organizado pola A.C. Retranqueiros e na que participarán máis de 800 persoas de 24 asociacións chegadas de diferentes puntos de Galicia. A entrada para o evento é gratuíta e comezará a partir das 10.30 horas e continuará ao longo da tarde. Poderá visualizarse o concurso a través da canle de Youtube do Concello de Ames. A sesión de mañá poderá verse nesta ligazón, mentres que a sesión de tarde poderá visualizarse nesta outra ligazón. Neste 2025, a A.C. Retranqueiros cumpre 10 anos desde a súa creación.

Este domingo, 27 de abril, o auditorio de Bertamiráns acollerá o III Concurso de Canto e Percusión Tradicional, un certame organizado pola A.C. Retranqueiros na que actuarán máis de 70 grupos das 24 asociacións participantes.

O concurso comezará a partir das 10.30 horas e continuará ao longo de toda a tarde. Haberá varias categorías de premios, entre as que se repartirán 3.250 euros. Ningún premio poderá quedar deserto e decidirase un único gañador por premio, sen posibilidade de empate. As categorías son as seguintes:

- Categoría mini (de 3 a 5 anos):
    • 1º Premio: trofeo e 200€
    • 2º Premio: trofeo e 100€
    • 3º Premio: trofeo

- Categoría A (6 a 11 anos):
    • 1º Premio: trofeo e 300€
    • 2º Premio: trofeo e 150€
    • 3º Premio: trofeo

- Categoría B (12 a 16 anos):
    • 1º Premio: trofeo e 300€
    • 2º Premio: trofeo e 150€
    • 3º Premio: trofeo

- Categoría C (de 17 anos en adiante):
    • 1º Premio: trofeo e 1.000€
    • 2º Premio: trofeo e 500€
    • 3º Premio: trofeo e 250€

- Categoría Sénior (Para pandereteiros/as que comezaron a disciplina en idade adulta):
    • 1º Premio: trofeo e 200€
    • 2º Premio: trofeo e 100€
    • 3º Premio: trofeo

Ademais das categorías mencionadas anteriormente, haberá dous premios especiais decididos a través do voto popular. Un deles decidirase na quenda de mañá, mentres que o outro decidirase na quenda de tarde. Entre os criterios de valoración, o xurado terá en conta aspectos como a autenticidade e dificultade da peza ou a afinación e interpretación da mesma.

Por outra banda, a entrada ao concurso é gratuíta, mais poderá visualizarse o evento a través da canle de Youtube do Concello de Ames. A sesión de mañá poderá verse a través desta ligazón, mentres que a sesión de tarde poderá visualizarse nesta outra ligazón.

O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo, 27 de abril, o III Concurso de Canto e Percusión Tradicional

Multimedia

  • O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo, 27 de abril, o III Concurso de Canto e Percusión Tradicional
  • O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo, 27 de abril, o III Concurso de Canto e Percusión Tradicional