Pestanas principais

Anúlase a realización do exame correspondente á bolsa de persoal do servizo de comedores previsto para hoxe

Martes, 29 abril, 2025
Desde o Concello de Ames comunícaselle ás persoas convocadas para a realización do segundo exame (tipo test) da bolsa de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames que debido á situación excepcional vivida no día de onte anúlase a realización do exame previsto para hoxe, martes 29 de abril. Proximamente publicarase na sede electrónica e na web municipal a nova data de realización da proba. Desculpen as molestias ocasionadas.