Pestanas principais

Pleno do Concello de Ames

O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal e está constituído polo alcalde e os/as concelleiros/as. O alcalde é o encargado de convocar e presidir as sesións plenarias, aínda que pode delegar nalgún dos/as concelleiros/as.

O Pleno ten un regulamento propio de carácter orgánico e tanto o seu funcionamento coma a organización dos seus contidos recóllese no Regulamento Orgánico Municipal (ROM). Constitúeo unha Secretaría Xeral e unha serie de Comisións encargadas de xestionar diversas áreas de goberno e de informar sobre esta ao Pleno.

O Pleno da Corporación, en sesión do 28 de xuño de 2023, acordou que a periodicidade das sesións ordinarias do pleno é mensual, celebrándose o último xoves de cada mes, ás 20:30 horas. De coincidir con festivo o día da sesión ordinaria, determinarase unha nova data na Xunta de voceiros. O mesmo criterio será aplicado para as sesións ordinarias de agosto e decembro. A dotación económica por asistencia ao pleno será de 200 euros por concelleiro/a. De ter lugar varios plenos no mesmo día soamente se percibirá unha única asistencia.

Sesións plenarias

Ir ao buscador de sesións de plenos

Funcións: 
Unha das funcións do Pleno municipal que ten maior relevancia, dentro das súas tarefas de fiscalización e control dos órganos de goberno, está a votación das mocións de censura e confianza. Así mesmo, do Pleno dependen os acordos relativos á alteración da composición ou dos lindes do termo municipal ou os acordos sobre a participación do Concello en órganos supramunicipais. Do Pleno dependen tamén as aprobacións e modificacións de regulamentos orgánicos, ordenanzas, orzamentos, cadros de persoal, regulamentos municipais, etc. A aprobación inicial e final das tramitacións urbanísticas tamén é unha das competencias do Pleno, así como a transferencia das súas funcións a outras administracións ou a determinación do xeito no que o Concello xestionará os servizos municipais.
Composición: 

O Pleno está composto por 21 concelleiros e concelleiras. Estes/as 21 concelleiros/as están divididos en diferentes grupos políticos.

Comisións informativas: 

As comisións dependen do Pleno Municipal e están constituídas por unha serie de membros que designan os grupos políticos en proporción ao número de concelleiros que cada un deles ten no Pleno.

Composición e actas

Xunta de voceiros/as: 

A Xunta de Voceiros/as é un órgano deliberante e consultivo, presidido polo presidente do Pleno ou o concelleiro/a en quen delegue, e integrada polos voceiros e secretarios dos grupos políticos municipais. Os seus acordos adóptanse por voto ponderado.

Ver a composición