Pestanas principais

Rutas

O Concello de Ames desenvolve unha serie de actuacións para o acondicionamento e promoción turística de camiños históricos, roteiros e sendas que nos permiten coñecer elementos moi relevantes do patrimonio histórico, etnográfico e natural que alberga a comarca da Maía.
 
Camiños de Santiago por terras de Ames
 
Ames é un dos pouco concellos galegos polo que discorren varios dos Camiños de peregrinación xacobea. Son dúas as rutas de peregrinación que discorren polo seu territorio: o Camiño Real de Santiago a Fisterra-Muxía e o Camiño Portugués. Saber máis >>
 
Ruta de Riamonte

Percorrido circular de 7 km e dificultade media, que permite coñecer o conxunto etnográfico dos muíños de Riamonte. Saber máis >>
 
Senda Verde
 
Percorrido lineal de 12 km e dificultade media que une aos núcleos urbanos do Milladoiro e Bertamiráns. Saber máis >>
 
Ruta do Andoriña

Percorrido circular de dificultade baixa de 5,2 km que segue o trazado deste pequeno regato, e ten a praia de Tapia como punto de saída e retorno. Permite coñecer varios elementos da arquitectura popular e relixiosa do noso concello. Saber máis >>
 
Ruta as pegadas de Rosalia
 
Esta proposta de Ruta Rosaliana renovada transcorre polos concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago á beira do río Sar e seguindo o trazado marcado por Avelino Abuín de Tembra:

“A Ruta Rosaliana é un itinerario lóxico que segue a vida de Rosalía de Castro, desde o lugar do seu nacemento, os diversos lugares onde ela viviu e remata onde repousan as súas cinzas. (…). Percorrer os camiños que ela percorreu, meditar nos recantos en que Rosalía meditou. Identificarse intimamente con Rosalía, que é como identificarse con Galicia”. Saber máis >>

 
Ruta de Rosalía de Castro
Ruta do regos dos Pasos
 
O concello de Ames dispón dunha nova ruta ambiental que discorre pola marxe esquerda do rego dos Pasos. Trátase dunha ruta peonil. Durante o seu percorrido atopamos moitos carballo e moitas árbores frondosas que fan dela unha ruta moi fresca, ideal para o verán.  Saber máis >>
 
Ruta urbana circular 8M
 
A ruta 8M constitúe un roteiro circular polas zonas verdes de Bertamiráns con saída e chegada ao Pazo da Peregrina. Ten unha versión curta de aproximadamente cinco quilómetros e outra longa que se estende até os 8 quilómetros. Saber máis >>
 
Os Camiños da Saúde
 

Dous mapas de Bertamiráns e do Milladoiro conforman a iniciativa “Os Camiños da Saúde”, que suxire á veciñanza diferentes percorridos para pasear entre puntos de interese dos dous principais núcleos urbanos do municipio, tendo en conta as distancias que se percorren, os pasos que se dan e o tempo que leva completalas. Os mapas propoñen diferentes tramos urbanos para facer camiñando, que van dos 50 aos 11.000 pasos en Bertamiráns, e dos 50 aos 8.000 pasos no Milladoiro. Saber máis >>