Pestanas principais

Matricula nos servizos complementarios de educación

Presencial
Online
Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Pechado

Deberán formalizar matrícula os nenos e as nenas que xa cursaran a solicitude de preinscrición no prazo fixado para este fin e consten como admitidos/as na listaxe correspondente.

SOLICITANTES:

  • Pai, nai, titor/a do neno

PRAZO ESTABLECIDO:

  • matriculas dentro de prazo : en xuño
  • ó longo de todo o ano se hai praza neses servizos e habilitadas por o departamento de educación.

COMO FACER O PROCESO:

  • Cubrir a solicitude na paxina conciliames.org ou presencialmente no PAZO DA PEREGRINA en Bertamirans ou na Oficina MILLADOIRO e presentala por rexistro.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

En calquera rexistro do Concello, ou a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR) ou en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da LEI 39/2015 DO 1 DE OUTUBRO DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS AAPP.

DOCUMENTACIÓN:

( se xa presentou anteriormente coa preinscrición non fai falta presentar de novo)

  • DNI ou documento de indentificación dos proxenitores/titores
  • Libro de familia (no seu defecto partidas de nacemento).
  • No caso de ruptura de unidade familiar, sentenza con convenio regulador da garda, custodia e alimentos do(s)/a(s) menor/es.
  • Xustificación correspondente da situación familiar (certificado discapacidade, informe dependencia, título familia numerosa, calquera outra documentación xustificativa)

INFORMACIÓN:

NORMATIVA APLICABLE:

  • “Aprobación definitiva modificación Regulamento rede municipal Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas do Concello de Ames . BOP N º31 do 13/02/2019”
  • “Aprobación definitiva modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestacion de servizos complementarios educativos e de conciliacion da vida familiar e laboral do Concello de Ames. BOP Nº31 DO 14/02/2018”