Pestanas principais

Licenza de vaos

Presencial
Online
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo: 
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):
  • O procedemento "solicitude de licenza de vaos" ten como obxecto establecer os requisitos e o procedemento para o outorgamento da licenza de reserva de espazo para a entrada e saída de vehículos solicitada por aqueles propietarios e/ou posuidores lexítimos dos inmobles aos que se lles deba permitir o acceso, así como os promotores ou contratistas nos supostos de obra.
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
  • Persoas físicas ou xurídicas que desexen solicitar unha licenza de vaos.

COMO E ONDE FACER O PROCESO:

  • Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

DOCUMENTACIÓN:

  • Solicitude de licenza de vaos.
  • Plano de situación. Plano de situación do local/garaxe para o cal se solicita a licenza de vao, incluíndo fotografías da fachada do inmoble no que está situado o dito local/garaxe.
  • Licenza de apertura/obras (exentas vivendas unifamiliares). En caso de locais comerciais, ou ben de obra nova/obra maior, achegarase a correspondente licenza, acreditativa de exercer unha actividade comercial, ou de que se están a realizar obras que motiven a necesidade dunha licenza de vao.
  • Xustificante de pagamento do IBI. Copia do último recibo do imposto sobre bens inmobles (IBI).
  • Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.

NORMATIVA APLICABLE:

MÁIS INFORMACIÓN:
  • Nome: Solicitude de licenza de vaos.
  • Unidade tramitadora: Urbanismo.
  • Inicio do procedemento: A instancia de parte.
  • Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
  • Órgano de resolución: Alcaldía ou Xunta de Goberno Local.
  • Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
  • Prazo de execución: 3 meses.
  • Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
  • Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

+ info

22.87 KB
Licenza de vaos