Pestanas principais

Casa de Biduído

Biduído de Abaixo. Parroquia de Biduído

Típica casa rural galega, restaurada respectando a arquitectura tradicional. A casa está distribuída en dous andares. Dispón de catro cuartos con baño, un deles adaptado para persoas con mobilidade reducida. A cociña-comedor atópase na planta baixa. Na parte de atrás conta cun patio pechado con soportal que dispón de grella, billar e salón con cheminea.

Outros datos:

Está situada preto do Camiño Portugués.
Contacto: 981 548 596
E-mail: reservas@casadebiduido.com
Web: http://www.casadebiduido.com