A convocatoria do Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames ten como finalidade promover o uso da lingua galega na actividade económica do Concello de Ames, concretamente na actividade empresarial, e recoñecer publicamente a contribución ao aumento e mellora do uso social do galego desde este sector.
Valorarase o uso da lingua galega na actividade empresarial en todo o que teña que ver coa comunicación externa ou relacional e coa interna ou de xestión.
Tamén se terá en conta impacto que a actividade empresarial poida ter en sectores especialmente relevantes para o proceso de normalización lingüística.
O premio Lingua e Empresa do Concello de Ames terá unha dotación económica de 2.500 €, ademais dunha campaña de difusión da empresa gañadora na Radio Municipal de Ames. Se o xurado o considera oportuno, o premio poderá outorgarse ex aequo.
Este premio é unha iniciativa das concellarías de Normalización Lingüística e Promoción Económica
- Destinatarios/as: Poderán optar a este premio as empresas que teñan a súa sede social ou un centro de actividade no Concello de Ames.
- Documentos: