- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
Estaba previsto que este sábado día 7 de novembro, os postos do mercado de rúa de Bertamiráns volvesen a súa antiga ubicación nas rúas Ameneiral e Entreríos e ocupasen tamén a praza do Concello para poder cumprir as medidas de distancia e seguridade que dita o regulamento da Xunta na loita contra a pandemia da COVID19. Durante toda esta semana, a través da concellaría de Promoción Económica, procedeuse ao repintado e acondicionamento dos espazos para adaptalos a nova normativa. Porén, está pendente ultimar coa Policía Local e Protección Civil o establecemento dalgúns criterios para o bo desenvolvemento de esta actividade comercial, polo que este sábado, día 7 de novembro, o mercado de rúa desenvolverase aínda na rúa do Sar, espazo no que está instalado desde o mes de xuño. Prevese que o día 14 estea todo preparado para que o mercado poida instalarse de novo no centro de Bertamiráns.
Por mor das medidas que se veñen aplicando para facer fronte á crise sanitaria da Covid19, a concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames adía por segunda vez o inicio da campaña de tarxetas bono Merc@mes, de xeito que, no canto de comezar o día 19 de febreiro como estaba previsto, comezará o 1 de marzo e alongarase até o 1 de maio de 2021. O acordo foi ratificado pola Xunta e Goberno Local do 18 de febreiro de 2021. Calquera persoa, residente ou non, no concello de Ames, pode adquirir os bonos que se poñerán a venda a partir do mesmo día 1 de marzo en Bertamiráns e no Milladoiro, tan só presentando o DNI que o acredite como maior de 18 anos. Asemade, tamén se poderán mercar estes bonos nas carpas informativas que o Concello ten previsto instalar os días 5 de marzo, na rúa Travesa do Milladoiro e o día 6, na praza da Maía de Bertamiráns. 171 establecementos adheríronse á esta campaña coa que se pretende valorizar e impulsar as compras no comercio local. A relación dos establecementos adheridos será publicada na páxina web municipal e na páxina web da entidade colaboradora, XEA.
O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acolleu este pasado sábado, 27 de agosto, a fase final da segunda edición do concurso “Canta con Ames”. As/os 12 finalistas interpretaron dous temas completos de distinto estilo musical. Trala actuación das/os finalistas o xurado decidiu que as/os gañadoras/es da segunda edición do “Canta con Ames” son Adriana Vigo, na categoría infantil; María Iglesias, na categoría xuvenil; Montse Angueira, na categoría sénior; e José Rey, na categoría súper sénior. As/os catro gañadoras/es actuarán como abreconcertos da orquestra Panorama o 18 de setembro no Milladoiro. O alcalde, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, destacaron a boa afluencia de público que tivo a final e tamén o éxito desta segunda edición do certame.
Na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado xoves, 22 de decembro de 2022 adxudicouse o contrato de servizo para o desenvolvemento dunha plataforma web e móbil que permita promocionar o comercio local do concello de Ames que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
O programa “AmesON” comeza o mes de agosto co concerto de Son de Tres. O trío será o encargado de poñerlle música e ritmos latinos á noite amesá. O concerto celebrarase o domingo 1 de agosto na praza da Madalena, no Milladoiro, ás 20.00 horas.
Hoxe, ás 12.30 horas, realizouse un acto público no salón de plenos da Casa do Concello no que se coñeceron os/as gañadores do concurso de ideas para a redacción do proxecto de construción do centro multidisciplinar do Milladoiro. Dito acto tamén se puido seguir de xeito telemático. O xurado ditaminou que a proposta gañadora é a dos arquitectos Alberto Reques Pérez e Diego Penche Pérez. Eles serán os encargados da redacción do proxecto e da dirección de obra. O edificio que se construirá estará dedicado a un centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica. Estará dirixido á mocidade e a persoas en proceso de inserción socio-laboral para favorecer a inclusión social e a loita efectiva contra a discriminación.
Arredor de 10 persoas de Ames, que no seu tempo libre se dedican a elaboración de alfombras florais, participan esta fin de semana no Encontro Internacional de Arte efémera, que se celebra en Bueu os días 26, 27 e 28 de xullo. Trátase dun evento de carácter internacional que reúne delegacións de alfombristas de 6 países diferentes (India, Malta, Portugal, Italia, Alemaña e España). Previamente, este xoves o alcalde e maila concelleira de Promoción Económica estiveron, xunto con varias/os alfombristas de Ames, cunha delegación de alfombristas que visitaron a capela de San Xoanciño de Pousada.
Este sábado, 7 de decembro, ás 18.00 horas, na praza do Concello, en Bertamiráns, está previsto que se celebre o tradicional acto de acendido das luces de Nadal. Actuarán arredor de 40 alumnos/as da Escola Municipal de Música e membros da asociación Arcea-Adames. Ademais, haberá unha degustación gratuíta de chocolate con churros. As persoas encargadas de premer o botón de acendido do alumeado será desvelado no propio acto entre os presentes. As luces de Nadal estarán acendidas en horario de 18.00 a 02.00 horas dende este sábado, 7 de decembro, ata o día 6 de xaneiro (incluído).
O espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, acolleu a quinta edición do Encontro de coordinación da Rede Provincial de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña. A apertura institucional estivo presidida polo alcalde de Ames, Blas García, a deputada de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García López, e a concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Ana Belén Paz. Durante o encontro realizouse a presentación do Ames AV Lab e unha visita guiada polo espazo A Proa. Realizouse unha mesa redonda na que se expuxo a situación de cada un dos espazos de traballo por parte dos responsables da súa xestión. Tamén houbo unha presentación de novidades, espazo para o debate, aclaración de dúbidas e propostas en común.
O Concello de Ames colabora con REAS Galicia na organización do VI Encontro aberto da Economía Social e Solidaria, que se desenvolverá o próximo sábado, 22 de maio, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Haberá charlas dirixidas a representantes de pequenas entidades co fin de potenciar a relación entre o tecido da economía social. As actividades programadas realizaranse en horario de 11.00 a 14.00 horas. Para asistir, xa sexa como público ou para intervir facendo a micro-presentación dun proxecto da túa entidade, é preciso inscribirse cubrindo este formulario.
- ‹ anterior
- 11 de 56
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Benestar Social, organizan dúas xornadas informativas dirixidas ás persoas maiores nas que se lles explicará dunha forma sinxela e práctica como se usan os caixeiros das entidades bancarias. O obxectivo é dotar ás persoas maiores da suficiente autonomía para poder realizar xestións cotiás a través de ditos caixeiros. As xornadas informativas serán o xoves, 7 de marzo, no local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro (JUPEMI), e o venres 15 de marzo na Casa dos Maiores, en Bertamiráns.
Actividade para os máis pequenos con coches a pedais que se desenvolverá na Praza de Chavián en Bertamiráns. Destinado a nenas e nenos de 6 a 16 anos.
Milladoiro e Bertamiráns acollen este sábado a actividade de Coches a pedais.
Os horarios e os espazos nos que se instalará o circuíto son os seguintes:
Milladoiro: Praza de Manuel Murguía entre as 12:00 e as 14:00 horas.
Bertamiráns: Rúa do Ameneiral ntre as 18 e as 20 horas.
A praza do Concello, en Bertamiráns, acolle ás 20:00 horas, a actuación de Zeus RB e Diego Barbazán. A actuación forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames. O concerto é de balde até completar aforo e realízase seguindo todas as normas de seguridade que impón a loita contra o COVID19.
13 actuacións musicais compoñen o programa “AmesON” co que, a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Cultura, xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Dará comezo o sábado19 de xuño coa actuación de Sond de Caracas na Praza de manuel Murguía, Milladoiro, ás 20.00 horas. Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.
O venres 13 de agosto o Programa Ames On continúa coa actuación de Sond de Caracas na Praza de Manuel Murguía, Milladoiro, ás 20.00 horas. O evento soará a ritmos latinos con cumbias, merengues e bachatas.
A final do concurso celebrarase de xeito presencial en Bertamiráns o día 31 de agosto, ás 19.00 horas, nunha única xornada na que participarán as persoas clasificadas na fase de selección. Na fase final os 20 aspirantes (grupos, dúos ou individual) interpretarán un baile por participante. Nesta fase o ditarase o fallo do xurado cos premiados, que será inapelable. Os ganadores/as daranse a coñecer ese mesmo día.
A gran final do concurso terá luagr o 11 de agosto, ás 19.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Na fase final as 12 persoas aspirantes interpretarán dous temas completos por participante e de diferente estilo musical.
Os días 12 e 13 de xullo Ames acolle a fase de preselección do concurso Canta con Ames. respectivamente. O venres 12 de xullo será no Milladoiro, na praza de Manuel Murguía; e o sábado 13 será en Bertamiráns, no parque do Ameneiral. En ambas localidade será ás 19:00 horas.
A semifinal do concurso Canta con Ames será o 3 de agosto, ás 19.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A ela terán acceso as persoas clasificadas na fase de preselección, un máximo de 20 persoas en total, cada unha na categoría que lle corresponda. O xurado escollerá, ese mesmo día, un máximo de 12 seleccionados, tres por categoría, para pasar á final
- ‹ anterior
- 11 de 19
- seguinte ›