Axenda

Ex., 07-11-2024
Xoves, 07 de novembro de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Xoves, 07 de novembro de 2024

O Goberno municipal do Concello de Ames iniciou unha rolda de visitas polas parroquias do municipio. O obxectivo destes “Encontros co Alcalde” é recorrer toda a xeografía municipal explicando o traballo que se está realizando dende o Concello, aclarando as dúbidas que poida ter a veciñanza sobre algún tema en concreto e, por último, tomar nota das reclamacións. O 7 de novembro haberá unha xuntanza no local social de Bugallido, ás 20.00 horas.