Actualidad

A primeira edición do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual, afronta a súa recta final. Durante as últimas semanas, os/as creadores/as dos 15 proxectos que participan no Ames AV LAB visitaron ás instalacións das empresas Ficción Producións, Mirabelle Comunicación, Cinemar Films, Setemedia Producións e Zenit Televisión. Tamén participaron nun encontro por vídeo-conferencia con Peter Andermatt (director da Oficina MEDIA España).

O espazo colaborativo A Proa conta na actualidade con 31 postos ocupados dos 36 existentes. Cada coworker pode facer uso das instalacións da Proa durante un período de dous anos. Algunhas das persoas que empregan ditas instalacións están chegando ao final do período de uso, polo que o Concello está estudando opcións para ofrecerlles outras instalacións onde poidan continuar a súa actividade laboral. Ademais, estase traballando na elaboración do novo regulamento de funcionamento do espazo colaborativo A Proa, polo que se vai abrir un período para que os/as coworkers que así o desexen poidan presentar propostas de mellora.

Os alcaldes de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago, acompañaron esta mañá á directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, na visita que fixo ao Centro de formación e emprego de Aldea Nova, onde se imparte o programa integrado de emprego que rematará o vindeiro 12 de novembro. Ata o de agora están a traballar ou traballaron o 50% das 100 persoas desempregadas participantes, superando obxectivo de inserción inicial. De seguido, achegáronse á ETAP de Sisalde, que presta servizo a ambos concellos, onde os 20 alumnos/as do obradoiro dual de emprego Renova VI están instalando paneis solares fotovoltaicos. Ambos programas están financiados pola Xunta de Galicia a través de dúas subvencións por un importe total de 766.156,80 euros. Os Concellos de Ames e Brión achegan o financiamento restante que ascende a 219.483,15 euros.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa que o 20 de outubro remata o prazo de inscrición para participar na primeira edición do concurso de decoración de Samaín. Tratase dunha nova iniciativa que se pon en marcha por primeira vez para fomentar o comercio local de Ames nunha das noites de maior consumo de todo o ano xunto coa de fin de ano. Repartiranse 2.000 euros en premios: 1.000 euros para o primeiro, 600 para o segundo e 400 para o terceiro. A decoración deberá estar exposta como mínimo dende o luns 28 de outubro ata o domingo 3 e novembro. O motivo e decoración dos escaparates terán como tema principal a festa do Samaín.

Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do programa integrado de emprego. Ata o día 29 de novembro está aberto o prazo para solicitar praza no programa integrado de emprego 2024-2025. Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do comercio, almacén, limpeza, administración e xestión, ocio e tempo libre, e turismo. Na actualidade estase desenvolvendo a edición 2023-2024, que rematará o vindeiro 12 de novembro de 2024. Ata o de agora están a traballar ou traballaron o 50% dos participantes, superando obxectivo de inserción inicial.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa que dende este sábado, 5 de outubro, está aberto o prazo de inscrición para participar na primeira edición do concurso de decoración de Samaín. Tratase dunha nova iniciativa que se pon en marcha por primeira vez para fomentar o comercio local de Ames nunha das noites de maior consumo de todo o ano xunto coa de fin de ano. Repartiranse 2.000 euros en premios: 1.000 euros para o primeiro, 600 para o segundo e 400 para o terceiro. A decoración deberá estar exposta como mínimo dende o luns 28 de outubro ata o domingo 3 e novembro. O último día de presentación de solicitudes será o 20 de outubro. O motivo e decoración dos escaparates terán como tema principal a festa do Samaín.

O espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, acolleu o 30 de agosto e mailo 24 de setembro os “Encontros de liderado”, que forman parte do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual. Nestas dúas xornadas participaron representantes das empresas que forman parte da Comisión de Gobernanza (Ficción Producións, Mirabelle Comunicación, Cinemar Films, Setemedia producciones e Zenit Televisión). O obxectivo principal destes encontros foi dar a coñecer as empresas que forman parte de dita comisión. Durante as próximas semanas os/as creadores dos 15 proxectos do Ames AV LAB poderán visitar as instalacións destas cinco empresas que forman parte da comisión de Gobernanza.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, presentou hoxe a primeira edición do concurso de decoración de Samaín. Tratase dunha nova iniciativa que se pon en marcha por primeira vez para fomentar o comercio local de Ames nunha das noites de maior consumo de todo o ano xunto coa de fin de ano. Repartiranse 2.000 euros en premios: 1.000 euros para o primeiro, 600 para o segundo e 400 para o terceiro. A decoración deberá estar exposta como mínimo dende o luns 28 de outubro ata o domingo 3 e novembro. As inscricións poderán tramitarse dende o día seguinte á publicación das bases no BOP. O último día de presentación de solicitudes será o 20 de outubro. O motivo e decoración dos escaparates terán como tema principal a festa do Samaín.

As Concellarías de Promoción Económica e de Educación e Mocidade organizaron a terceira edición das xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local coincidindo co inicio do curso lectivo. Esta iniciativa contou coa colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e co patrocinio da empresa de telecomunicacións Evoa Redes SL. A primeira xornada realizouse o pasado mércores, 4 de setembro, na área verde próxima á Travesía do Porto, no Milladoiro, mentres que a segunda xornada celebrouse este pasado venres, 13 de setembro, en Bertamiráns, no parque do Ameneiral. Estímase que máis de 4.000 persoas participaron nestas xornadas. Nesta edición superouse amplamente a asistencia de 2023 que foi de 2.500 persoas.

Entre o 16 e o 22 de setembro, os diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, acollerán o evento Rede Coworking Fest, unha semana dedicada a promover a innovación, a colaboración e a cultura emprendedora a través dunha ampla variedade de actividades culturais e formativas. No espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, vanse organizar dúas actividades: un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro; e un obradoiro de mentalidade e vendas o 19 de setembro. Preme nesta ligazón para consultar a programación completa e inscríbete nas actividades.
- ‹ anterior
- 3 de 49
- siguiente ›