Actualidad
[17-01-2011] Picando na ligazón que hai ao pé deste aviso poderás descargar os menús que se servirán na rede municipal de comedores escolares entre o día 17 e o día 21 de xaneiro. Tamén poderás obter varias suxestións para as ceas.
[17-01-2011] Picando na ligazón que hai ao pé deste aviso poderás descargar os menús que se servirán nas escolas infantís entre o día 17 e o día 21 de xaneiro. Estes menús están elaborados pola nutricionista municipal.
[17-01-2011] Para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centos de ensino amienses. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás descargar este menú.
[15-01-2011] Elementos de xogos infantís, zonas axardinadas para a terceira idade, plataformas horizontáis de fácil accesibilidade que se adapten de forma natural á pendente do terreo e que lle confiran unha verdadeira apariencia pública aos espazos que, sendo xa de titulariedade pública, semellan na actualidade como privados. A firma da sinatura para a redacción do proxecto de arranxo das deficiencias nas obras de Urbanización do PM5-03, adxudicada ao estudo de arquitectos "MCCL arquitectos", supón un paso definitivo para a resolución dos conflitos desta zona urbana do Milladoiro situada ao leste da Avnd Rosalía de Castro, entre as rúas Besada e Seidón. O proxecto de arranxo ven parello á concesión de licenzas de primeira ocupación, freadas ate o momento polo incumprimento dos compromisos urbanísticos por parte das promotoras. Ademais o ordeamento deste sector servirá para ampliar as zonas verdes e de ocio e lecer do Milladoiro.
[14-01-2011] Unha visita polas obras fundamentais da colección Zanchi datadas entre os séculos XV ao XIX que recolle as pezas de artistas europeos da talla de Miguel Anxo, Tiziano, Caravaggio, Van Dyc, Rubens ou Durero, artistas cuxas obras constitúen un fito importantísimo na historia do arte e que resultan fundamentais para entender a evolución do arte europeo. 16 membros da Escola de Maiores tiveron a oportunidade de pórse fisicamente fronte a estas pezas e analizalas coa axuda dunha guía que lles foi explicando o contexto artístico e histórico no que se encadraba cada obra e aportándolles aos visitantes unhas sinxelas explicacións sobre o contido dos lenzos e as interpretacións simbólicas dos elementos que aparecían recollidas nestas. Á visita contou coa presenza da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel González, e de Leonardo Pena, técnico de servizos sociais, xa que esta é unha iniciativa deste departamento realizado a través da Oficina do Voluntariado de Ames. Así, a concelleira acompañou aos alumnos da escola de maiores e compartiu con eles, despois da visita, un momento de descanso no que estes mostraron á concelleira a importancia de que o concello, que puxo á disposición dos visitantes o autobús para trasladarse a Santiago, continúe a realizar este tipo de actividades que os interesados califican de "moi importante á hora de axudarnos a ampliar a nosa cultura".
[14-01-2011] A estrada AC-544, que é de titularidade autonómica, ten sido obxecto de diversas reclamacións tramitadas por este concello, no sentido de pedir a mellora da súa seguridade viaria posto que, entre outras cuestións, para acceder de un lado a outro da estrada, na zona de Reino, os peóns deben atravesar tres carrís. Nunha das marxes, está situada unha marquesiña de transporte público, tendo que cruzar co consecuente perigo, dada as altas velocidades que alcanzan os vehículos nesta zona.
[14-01-2011] Este mediodía no Salón de Plenos da casa do concello de Ames tivo lugar a entrega dos diplomas que acreditan aos tres comercios gañadores do V Concurso de Escaparatismo así como os premios económicos outorgados en función do posto obtido: 800 euros para o gañador, 600 para o comercio que obtivo o 2º posto e 400 para o 3º. Os comercios que mellor puntuación obtiveron foron Labralia Bertamiráns, Panadería Artesana e Principiños, que nesta V edición ocuparon o podio dos gañadores. Todos eles xa recibiron unha insignia acreditativa para poñer nos escaparates durante o Nadal permitíndolles desta forma aos compradores identificar aos tres gañadores do concurso e aos donos destes comercios ter un elemento máis de exclusividade e garantía de calidade.
[13-01-2011] O alcalde de Ames, Carlos Fernández, recibiu no despacho de Alcaldía a Candido López González, adxudicatario do contrato para a redacción do proxecto de arranxo das deficiencias nas obras de Urbanización do PM5-03. O prezo a aboar por este servizo ascende a 25,362,72 euros máis IVE e o prazo para a redacción deste proxecto será dun mes a partir da data de sinatura do contrato. A sinatura realízase en execución dun acordo adoptado pola Xunta de Goberno do Concello de Ames en sesión de data do 12 de xaneiro deste ano.
[13-01-2011] Colaboran na prevención e extinción dos incendios forestais. Realizan traballo de limpeza e mantemento dos roteiros e espazos de lecer municipais, ocúpanse da erradicación de vertedoiros incontrolados -152 ao longo do 2010-, encárganse da recollida de animais mortos e abandonados -151 en total o ano pasado- e colaboran coa Aula da Natureza en actividades de educación ambiental. A Brigada de Garda Medioambiental do Concello traballa, día a día, a prol da saúde do medio en Ames desde moi distintas frontes.
[13-01-2011] "¿Canto falta por chegar?", "As viaxes espaciais", "Non ancho mar, guía para non perderse", "Viaxe dantesca a outro mundo", "Viaxes virtuais e viaxes solidarias", "Percorridos sonoros" e "Viaxe ao imperio dos sentidos" son algúns dos títulos das charlas que os profesores e profesoras do IES de Ames ofrecerán ao longo deste curso dentro do Ciclo de Exposicións Complementarias que organiza o departamento de Filosofía e que este ano leva como título xenérico "A volta coas Viaxes". O ciclo comezou onte no pazo da Peregrina. Na sesión inaugural interviñeron, ademais da profesora Eva Garea, primeira das conferenciantes, o profesor Juan Yürs que presentou o acto, a directora do IES, Marisol Louro e o alcalde Ames Carlos Fernández. Un grupo de alumnas de grego recitou no idioma helénico un poema de Kavafis que fala da importancia do percorrido fronte á meta. O Concello colabora con esta actividade do Instituto cedendo o pazo da Peregrina para as conferencias ás que está convidada toda a comunidade educativa e a veciñanza de Ames e que terán lugar os mércores ás seis e media da tarde.
- ‹ anterior
- 1373 de 1377
- siguiente ›