Actualidad
[20-01-2011] O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é membro o Concello de Ames, vén de por en marcha unha campaña de incidencia política para lograr que se manteña o compromiso cos países empobrecidos. Trátase, perante os próximos comicios municipais, de que as forzas políticas teñan presente que a sociedade galega si lles demanda que manteñan o pulso da solidariedade coas persoas e países que viven en crise estrutural e, pola mesma, permanente. Estase a falar dun esforzo ínfimo que debera ser aumentado. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás consultar o comunicado enviado polo Fondo Galego.
[20-01-2011] O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é membro o Concello de Ames, vén de por en marcha unha campaña de incidencia política para lograr que se manteña o compromiso cos países empobrecidos. Trátase, perante os próximos comicios municipais, de que as forzas políticas teñan presente que a sociedade galega si lles demanda que manteñan o pulso da solidariedade coas persoas e países que viven en crise estrutural e, pola mesma, permanente. Estase a falar dun esforzo ínfimo que debera ser aumentado. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás consultar o comunicado enviado polo Fondo Galego.
[19-01-2011] Está demostrado que os programa lúdicos que desenvolve o Concello de Ames ao longo de todo o ano están máis que consolidados entre a veciñanza amesá. Así o demostran os datos do último ano. Durante o 2010 foron máis de 1.000 os usuarios/as que participaron nos diferentes programas municipais de conciliación familiar. A estes usuarios hai que sumar preto de 1.500 cativos que están inscritos nos servizos complementarios (Bos días cole, Tardes divertidas, Psicomotricidade, e Rede Municipal de Comedores Escolares) para o curso 2010/2011. Os lúdicos están dirixidos aos nenos e nenas escolarizados no 2º ciclo de educación infantil e en educación primaria que estean empadroados no Concello de Ames. A través destes programas preténdese ofertar unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo de vacacións escolares, permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar.
[19-01-2011] O alcalde de Ames, Carlos Fernández, e a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy López, asinaron a renovación do convenio de colaboración que ten subscrito o Concello con este organismo para desenvolver o programa "Responsable Solidaria" nos centros educativos do Concello. A este acto tamén asistiron as coordinadoras do departamento de Educación, Emilia Seara e Sanda Dios. Para a continuación do proxecto da fundación Meniños en Ames, a Administración local achegará 2.500 euros e o apoio do departamento de Educación e Servizos Complementarios. "Responsable Solidaria" contempla dúas actuacións: a proposta para educación infantil "Facendo Familias" e o portal web "O mundo de Milu".
[18-01-2011] O Concello de Ames puxo en marcha, un ano máis, o servizo de ludoteca de Nadal por medio da Concellaría de Promoción Económica. Con esta iniciativa os veciños e veciñas do Concello poden realizar as súas compras de Nadal sen ter que preocuparse polos cativos. A demanda deste servizo medrou un 22% se temos en conta as cifras do ano pasado, amosando a necesidade desta ludoteca no marco da promoción do comercio local durante as festas.
[18-01-2011] "Celda 211", "Avatar" e "O Equipo A" son as películas que se proxectarán no segundo ciclo de Cine Xove que organiza a concellaría de Mocidade co fin de ofrecer alternativas de ocio para os máis xoves. As proxeccións comezarán no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o venres, 21 de xaneiro, ás oito da tarde. Está convidada toda a mocidade de Ames.
[17-01-2011]
[17-01-2011] Onte pola tarde tivo lugar o acto de inauguración do novo local social do Club de Jubilados y Pensionista del Milladoiro (JUPEMI). A este acto asistiron o alcalde de Ames, Carlos Fernández, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel González, e o presidente da devandita asociación, Manuel Montero. O novo local ten un emprazamento moi céntrico, xa que está situado na rúa Figueiras, e conta cunha superficie aproximada de 200 metros cadrados. O cambio de local realizouse despois de que no Pleno do mes de decembro se aprobase un convenio de colaboración entre o Concello de Ames e o Club de Jubilados e Pensionistas de O Milladoiro (JUPEMI) mediante o cal a Administración local comprométese a aboar a cantidade de 1.200 euros mensuais para sufragar o aluguer deste local. A través deste convenio o Concello poderá empregar este local para desenvolver diferentes actividades municipais. As fotos que podemos ver con esta nova foron cedidas por un dos integrantes deste club, Ramón Álvarez.
[17-01-2011] Picando na ligazón que hai ao pé deste aviso poderás descargar os menús que se servirán na rede municipal de comedores escolares entre o día 17 e o día 21 de xaneiro. Tamén poderás obter varias suxestións para as ceas.
[17-01-2011] Picando na ligazón que hai ao pé deste aviso poderás descargar os menús que se servirán nas escolas infantís entre o día 17 e o día 21 de xaneiro. Estes menús están elaborados pola nutricionista municipal.
- ‹ anterior
- 1372 de 1377
- siguiente ›