Avisos
Martes, 4 junio, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa do resultado do sorteo de prazas dos campamentos deportivos organizados pola Deputación da Coruña. Ao abeiro desta iniciativa, un total de 10 mozas e mozos de Ames de 9 a 14 anos participarán nunha destas estadías entre o 21 e o 26 de xullo, que se desenvolverá no centro Calvo Sotelo da Coruña. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o.
Martes, 4 junio, 2019
O Concello de Ames abre o prazo para solicitar permiso para realizar cacharelas na noite do 22 e 23 de xuño. O prazo está aberto ata ás 14:00 horas do venres 21 de xuño. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral da Casa do Concello ou no rexistro auxiliar da Oficina do Milladoiro.
Martes, 4 junio, 2019
O Concello de Ames abre este luns, 3 de xuño, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden solicitar información e os impresos na Casa da Cultura do Milladoiro, no teléfono 981 535 940, ou na Oficina de Deportes de Bertamiráns (Casa do Concello), no teléfono, 619 842 504, en horario de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas. Tamén se pode descargar o impreso premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas. Dende o Concello recoméndase esta opción para non ter que facer colas debido ao elevado volume de solicitudes. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. O único requisito imprescindible para conseguir este carné é estar empadroado no Concello de Ames.
Viernes, 31 mayo, 2019
A Concellaría de Educación informa que do 1 ao 15 de xuño abre o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais O Bosque, de Bertamiráns, e A Madalena, do Milladoiro. A documentación que hai que cubrir para tramitar a matricula dos nenos e nenas admitidos/as pode recoller nas devanditas escolas, ou tamén se pode descargar premendo na ligazón que está a túa dereita, debaixo o apartado de descargas. Unha vez cubertos todos os impresos hai que presentalos na escola infantil onde se vai a matricular o/a neno/a, de luns a venres, en horario de 09.00h a 14.00 horas.
Viernes, 31 mayo, 2019
Premendo no enlace que está baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús das escolas infantís municipais para esta semana, así como as merendas. Os menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 31 mayo, 2019
A Concellaría de Educación e Cultura informa da publicación das listas definitivas de admitidos/as nas escolas infantís municipais (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro) para o curso 2019-2020. Unha vez adxudicada de forma definitiva a praza abre o prazo de formalización de matrícula entre os días 1 e 15 de xuño. A matrícula hai que tramitala nas propias escolas, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Na sección de Avisos desta web podes atopar un aviso sobre a documentación que hai que entregar para a matrícula dos nenos/as admitidos/as. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, podes obter as listas definitivas de admitidos/as.
Miércoles, 29 mayo, 2019
A Escola Municipal de Musica de Ames, dependente da Concellaría de Cultura, abre entre o 29 de maio e o 10 de xuño o prazo de preinscrición para as novas prazas do curso 2019-2020. Este período de preinscrición está dirixido ás persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA. No caso de que haxa máis persoas inscritas que prazas ofertadas realizarase un sorteo público o mércores, 12 de xuño, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre as novas prazas da EMMA, así como o impreso de preinscrición.
Martes, 28 mayo, 2019
A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá este mércores, 29 de maio, ata Bertamiráns. A unidade móbil de doazón estará aparcada na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía, en horario de 9.30 a 14.30h e de 15.30 a 21.00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.
Martes, 28 mayo, 2019
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas definitivas de usuarios/as admitidos/as no programa Xuño Lúdico. Premendo nos enlaces que están baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de Bertamiráns e Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o. As listas tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.
Viernes, 24 mayo, 2019
Premendo nos enlaces que están o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centros de ensino.
- ‹ anterior
- 127 de 135
- siguiente ›