Avisos

Por ejemplo, 28-04-2025
Por ejemplo, 28-04-2025
Martes, 21 mayo, 2019
O Concello de Ames informa de que xa se poden consultar as listaxes de admitidos/as nos servizos complementarios de Educación para o curso 2019-2020. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de admitidos/as nos servizos de Bos días Cole, Tardes divertidas e na Rede municipal de comedores escolares. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se un rapaz ou rapaza está admitido/a a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuario/a. Estas listas tamén se poden consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, na Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.
Martes, 21 mayo, 2019
A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade de Ames organiza este xoves, ás 17.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, un novo taller dirixido ás mulleres amesás que estará centrado no coaching e a toma de decisións. Este taller enmárcase dentro dun programa de obradoiros de competencias socioemocionais enfocados no empoderamento feminino, para a adquisición de capacidades e habilidades socioemocionais que favorezan o seu crecemento persoal. Para participar nas actividades deste ciclo non é necesaria inscrición previa.
Martes, 21 mayo, 2019
A aula 10 do edificio multiusos de Aldea Nova acollerá mañá unha audición de saxofón no que o alumnado da EMMA amosará ás súas familias e amizades o traballo desenvolvido e os avances conseguidos dende o inicio do curso. A partir das 18.30h, alumnos e alumnas de todas as idades ofrecerán un variado repertorio composto por pezas de diversos estilos, interpretadas de xeito individual ou a dúo. O programa de dita audición contará con pezas de jazz, música popular e sons célebres de compositores clásicos coñecidos por todos.
Lunes, 20 mayo, 2019
O Concello de Ames informa sobre a modificación do decreto de Alcaldía 1025/2019 de aprobación das bases dos campamentos de verán 2019 do Concello de Ames. Deste xeito, modifícase o apartado no que se fai referencia ao pago correspondente ao artigo sete:
Lunes, 20 mayo, 2019
O Concello de Ames informa sobre a modificación do decreto de Alcaldía 1025/2019 de aprobación das bases dos campamentos de verán 2019 do Concello de Ames. Deste xeito, modifícase o apartado no que se fai referencia ao pago correspondente ao artigo sete:
Viernes, 17 mayo, 2019
Na apartado de descargas, poderás obter os menús das escolas infantís municipais para esta semana, así como as merendas. Os menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 17 mayo, 2019
Na apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centros de ensino.
Miércoles, 15 mayo, 2019
O Concello de Ames informa de que durante este mércores, 15 e maio, pola tarde faranse probas no reemisor da TDT en Eirapedriña, na parroquia de Bugallido. Estes traballos de proba poden provocar interferencias na sinal da TDT. Ademais, o xoves 16 de maio, pola mañá, en horario de 10.00 a 13.00 horas aproximadamente, procederase a cambiar dito reemisor, polo que non haberá sinal de TDT nas vivendas cuxas antenas reciban sinal do reemisor de TDT de Eirapedriña.
Miércoles, 15 mayo, 2019
Este mércores, 15 de maio, realizouse o sorteo de prazas para o campamento xuvenil Diverlanhoso, situado en Portugal. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a listaxe cos usuarios/as que obtiveron praza tralo sorteo. Os/as solicitantes que non obtiveran praza poderán continuar na lista de agarda ou optar ao campamento “Aventura en Asturias”, que dispón de 30 prazas libres. En calquera caso, a decisión deberá ser comunicada á Concellería de Mocidade antes do 22 de maio inclusive.
Miércoles, 15 mayo, 2019
Este xoves, 16 de maio, celebrarase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde do Milladoiro a partir das 17.30 horas. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.