Avisos

Por ejemplo, 29-04-2025
Por ejemplo, 29-04-2025
Miércoles, 15 mayo, 2019
O Concello de Ames informa de que durante este mércores, 15 e maio, pola tarde faranse probas no reemisor da TDT en Eirapedriña, na parroquia de Bugallido. Estes traballos de proba poden provocar interferencias na sinal da TDT. Ademais, o xoves 16 de maio, pola mañá, en horario de 10.00 a 13.00 horas aproximadamente, procederase a cambiar dito reemisor, polo que non haberá sinal de TDT nas vivendas cuxas antenas reciban sinal do reemisor de TDT de Eirapedriña.
Miércoles, 15 mayo, 2019
Este mércores, 15 de maio, realizouse o sorteo de prazas para o campamento xuvenil Diverlanhoso, situado en Portugal. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a listaxe cos usuarios/as que obtiveron praza tralo sorteo. Os/as solicitantes que non obtiveran praza poderán continuar na lista de agarda ou optar ao campamento “Aventura en Asturias”, que dispón de 30 prazas libres. En calquera caso, a decisión deberá ser comunicada á Concellería de Mocidade antes do 22 de maio inclusive.
Miércoles, 15 mayo, 2019
Este xoves, 16 de maio, celebrarase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde do Milladoiro a partir das 17.30 horas. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.
Martes, 14 mayo, 2019
A Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), oferta un novo curso gratuíto de primeiros auxilios, que se impartirá todos os luns, martes e mércores, do 3 ao 25 de xuño. A actividade, que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 20.00 a 22.00 horas, está dirixida preferentemente a persoas empadroadas entre os 16 e 35 anos e conta con un número de prazas limitadas que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. O prazo para presentar as solicitudes de inscrición estará aberto ata o vindeiro 21 de maio. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a ficha de inscrición.
Martes, 14 mayo, 2019
Desde o 2017, as veciñas e veciños de Ames teñen a posibilidade de solicitar o novo sistema especial de pagamento en dous prazos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). As persoas interesadas poderán solicitar o pagamento fraccionado entregando o impreso de solicitude na Oficina da Deputación da Coruña en Ames, situada na rúa do Ameneiral, número 18, baixo, en Bertamiráns, xunto cun documento de domiciliación bancaria. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 27 de maio de 2019. Para obter máis información pódese chamar ao número de contacto da Oficina da Deputación da Coruña en Ames, ao 981 818 918. O impreso de solicitude pódese descargar na seguinte ligazón http://bit.ly/2mQfYh5.
Martes, 14 mayo, 2019
O Concello de Ames pon á disposición das persoas con dificultade de mobilidade un vehículo especialmente habilitado para que poidan participar nas eleccións municipais e ao Parlamento Europeo que se celebran o domingo 26 de maio de 2019. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cos encargados da xestión do transporte chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, ata o xoves 23 de maio, para facer a reserva do servizo. O transporte adaptado ofrece o servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio.
Martes, 14 mayo, 2019
Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole, Tardes divertidas, así como do programa de psicomotricidade, que o cobro do seguinte recibo realizarase o día 27 de maio de 2019.
Lunes, 13 mayo, 2019
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de usuaurios/as admitidos/as no programa Xuño Lúdico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de Bertamiráns e Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o. As listas tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. O prazo para emendar defectos remata o vindeiro 28 de maio.
Lunes, 13 mayo, 2019
O Concello de Ames fai público o nome das obras premiadas tanto na décima edición do Certame Artístico-Literario Intercentros como no décimo sexto Certame Literario de narrativa e poesía Concello de Ames. A este último presentáronse un total de 176 obras, mentres que no Intercentros participaron un total de 76 traballos. A entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves, 16 de maio, nun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura do Milladoiro.
Viernes, 10 mayo, 2019
Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús das escolas infantís municipais para esta semana, así como as merendas. Os menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.